Xohán de Isorna, un trobador na corte de Xelmírez

Bibliographic citation

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (2023), “Xohán de Isorna, un trobador na corte de Xelmírez” en Cleofé Tato (ed.), «¿Qué se fizo aquel trobar?»: la poesía de Cancionero ayer y hoy, A Coruña, Servizo de Publicacións da UDC, pp. 411-422. ISBN 978-84-9749-878-4

Type of academic work

Academic degree

Abstract

[Resumo] A romeiría de Gelmírez (1934) é unha novela de Ramón Otero Pedrayo que ten como tema central a recreación da viaxe que o bispo Diego Xelmírez realiza desde Santiago a Roma, co obxectivo de obter a dignidade do palio arcebispal para a sé galega. Para alén da centralidade da figura de Xelmírez, a novela está protagonizada polo trobador Xohán de Isorna, personaxe que funciona como vehículo para a evocación libre dos acontecementos e ambiente da época en que se sitúa a acción. No artigo descríbense as características desta personaxe e da súa actividade poética en tanto que elementos que, para alén da súa función de instrumentos de recreación da literatura medieval, poden ser lidos á luz da análise dos procedementos de innovación que o autor introduce no seu modelo de narrativa histórica.

Description

Editor version

Rights