Análise da presenza de teatro documento na obra N.E.V.E.R.M.O.R.E do grupo Chévere

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Gómez Ferro, Manuela

Other responsabilities

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo] Neste traballo analízase a presenza do teatro documento no espectáculo N.E.V.E.R.M.O.R.E (2020) do grupo Chévere. O obxectivo principal é sinalar os trazos propios deste tipo de teatro presentes no espectáculo da compañía galega e describir as estratexias empregadas pola mesma para construír un contradocumento que cuestionase a versión oficial da catástrofe do petroleiro Prestige que tivo lugar en 2002. A metodoloxía combina unha revisión teórica sobre o desenvolvemento do teatro documento, o proceso de fixación das súas características e a sorte escénica do mesmo, co estudo de caso da obra a partir da análise da súa dramaturxia e as testemuñas gráficas da súa posta en escena (ao que se acrecenta o testemuño directo dos seus protagonistas). Os resultados desta análise indican que N.E.V.E.R.M.O.R.E, concibida coa técnica da montaxe, funciona como unha proposta de relectura crítica sobre a memoria colectiva e a responsabilidade institucional, aínda que non se teña incorporado ao espectáculo a figura dos expertos nin se presente coa estrutura dun xuízo, recurso habitual neste tipo de espectáculos.
[Abstract] This paper analyses the presence of documentary theatre in the show N.E.V.E.R.M.O.R.E (2020) by the Chévere group. The main objective is to point out the specific features of this type of theatre present in the Galician company's show and describe the strategies used by it to construct a counter-document that questions the official version of the Prestige oil tanker disaster that took place in 2002. The methodology combines a theoretical review of the development of documentary theatre, the process of establishing its characteristics and its stage fate, with a case study of the work based on the analysis of its dramaturgy and the graphic witnesses of its staging (to which the direct testimony of its protagonists is added). The results of this analysis indicate that N.E.V.E.R.M.O.R.E, conceived with the montage technique, functions as a proposal for a critical rereading of collective memory and institutional responsibility, even though the figure of the wise men has not been incorporated into the show nor is it presented with the structure of a trial, a common resource in this type of show.

Description

Editor version

Rights

Os titulares dos dereitos de autor autorizan a visualización do contido desta obra a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para uso privado ou con fins de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da obra como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido.