Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/6750 Estudio de caso do entrenamento lingüístico nunha reabilitación logopédica
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Mariño Castro, Carlos
Mariño Castro, María Luisa
Veiga Río, Emilio J.
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación, 2000, 6: 497-506 ISSN: 1138-1663
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo] caso que estamos a presentar nesta comunicación é o estudio de caso dun neno de 7 anos cun linguaxe moi pouco estructrurado a nivel expresivo (vocabulario pobre, ausencia de nexos -palabra frase-, sen ritmo na fala, confusións en fonemas, non pronuncia as consonantes nasais nin os sinfóns, etc.) e con dificultades na lingua escrita tanto a nivel comprensivo coma expresivo.
Pódese dicir que posúe carencias nos catro sistemas que compoñen a linguaxe: fonolóxico, lexical,
sintáctico-gramatical e simbólico-semántico. Para o análise das suas dificultades non só tivemos en conta ó suxeito se non os seus contextos externos, principalmente o circulo familiar e o colexio dada a importancia que reportan no proceso de comunicación. Nas relacións interpersonais o neno recibe constantemente un feed-back correctivo. Todo-los nenos/as vense sometidos/as a unha intervención intensiva, aínda que inconsciente do entorno sobre a súa comunicación co obxectivo primario de facilita-la interacción e en consecuencia permitirlle adquirir, con maor facilidade, o código característico do grupo social ó que pertence. Este proceso é común a todalas culturas porque pertence ó grupo de conductas máis xerais de transmisión de información entre as xeneracións.
Incidimos sobre o clima da clase e elaborarnos pautas a nivel familiar a fin de favorecer o proceso
de entrenamento lingüístico e prevenir conductas que poidan xurdir pola falta de coherencia
no nivel de esixencia. A nivel suxeito traballáronse os aspectos de mayor incidencia no desenrolo lingüístico, coma a memoria inmediata, a organización temporoauditiva, e os aspectos psicolingüísticos coma entrenamento da conciencia fonolóxica (descompoñer unha palabra nos seus elementos -sílabas ou letrase volvela a componer, etc.). o xogo e a música conformaron o eixe das sesións de reeducación a fin de axeita-Io proceso a idade e madurez do alumno. Os resultados obtidos si ben foron positivos tendo enconta o punto de partida e o de chegada, como se di nas conclusións, pódese falar máis que de logros concretos dunha progresión lenta pero continuada en todolos capítulos a reeducar, porque debemos de considerar permanentemente que tanto o ensino como a aprendizaxe da linguaxe nesta tipoloxía de casos é un continuo

