Premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. VII Edición

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Touriño Bello, Vera
Calviño Sobrino, Manuela Marie
Miguéns Mato, Luana
Gándara Buján, Iván
Sandoval Torres, Pedro
Carou Barreiro, Sofía

Advisors

Other responsabilities

Universidade da Coruña

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Academic degree

Abstract

Os Premios Isabel Zendal recollen o talento e a creatividade da mocidade, e seguen a inspirar nas novas xeracións un espírito curioso, reflexivo e comprometido coa ciencia e a sociedade. O certame, impulsado pola Universidade da Coruña, a través da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, e en colaboración co Círculo Escéptico e a Deputación da Coruña, está dirixido ao alumnado escolarizado en centros educativos españois desde o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria (ESO) ata o segundo curso de bacharelato, de modo que consta de dúas categorías de participación: unha para o alumnado de 1.º a 3.º curso da ESO e FP básica; e outra para o alumnado de 4.º da ESO a 2.º de bacharelato e mais dos ciclos formativos de grao medio Nesta convocatoria recibíronse 25 propostas, 10 correspondes á categoría A e 15 á categoría B. Entre as distintas modalidades de participación –artigo xornalístico, exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, conto ou relato curto–, foi esta última o que tivo maior presenza, consolidándose como formato preferido polos participantes. Os traballos presentados integran valores esenciais do pensamento científico e humanista: o escepticismo racional, a perspectiva de xénero, o respecto polos feitos contrastados e a defensa da verdade fronte ás pseudociencias e a desinformación. Moitos relatos, ademais, amosan unha sensibilidade especial cara ás desigualdades sociais e cara ás violencias que afectan a mulleres, persoas LGTBIQ+ ou inmigrantes, entre outros, ofrecendo unha mirada crítica e solidaria sobre o noso tempo.

Description

Neste volume recóllense os traballos premiados nesta sétima edición dos Premios Isabel Zendal, convocada en novembro de 2024 e resolta en maio do 2025. Ao longo desde anos, afianzouse como unha iniciativa de referencia na promoción do pensamento crítico e da cultura científica. Nesta edición vólvense poñer de manifesto o talento, a creatividade e o compromiso do alumnado participante, que entende a ciencia non só como coñecemento, senón tamén como unha forma de mirar o mundo con curiosidade e sentido ético.

Keywords

Rights

Attribution-ShareAlike 4.0 International
	Attribution-ShareAlike 4.0 International

Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-ShareAlike 4.0 International