A toponimia de Fisteus : unha aproximación

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Sánchez Fernández, Natalia

Other responsabilities

Universidade da Coruña. Facultade de Filoloxía

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo] Este traballo baséase na análise e na clasificación de preto de 200 topónimos recollidos na parroquia de Fisteus, no concello coruñés de Curtis. O principal obxectivo é reivindicarmos a importancia da toponimia e o seu valor lingüístico e sociolóxico, a través dunha análise pormenorizada destes testemuños idiomáticos. Finalmente, realizamos unha clasificación que nos permitiu organizarmos os topónimos en diferentes categorías, en función do seu significado e da súa etimoloxía. Para poder levarmos a cabo esta tarefa, o traballo contou con varias fases. A primeira consistiu na recolección dos topónimos, ben a través de fontes orais ou ben a partir doutras ferramentas en liña. A seguir, elaboramos unha listaxe en que se incluíron todos os topónimos, coa intención de definirmos a súa tipoloxía, o seu significado e a súa orixe. Coa axuda dunha ampla bibliografía de consulta, conseguimos explicar case todos os topónimos. Finalmente, a partir dos resultados da análise, presentamos unha breve proposta de clasificación semántica e etimolóxica. Debido á inmensa riqueza toponímica que presenta o territorio galego, escollemos como obxecto de estudo unha parroquia que ben podería pertencer a calquera outro punto da Galiza, como veremos a continuación. Trátase dunha parroquia cun carácter eminentemente rural, vinculada desde as súas orixes ao traballo do campo e á gandaría, dous sectores de vital importancia na economía da zona, mesmo a día de hoxe. Todo isto vese reflectido no inventario toponímico que conservamos: centos de topónimos, microtopónimos e hidrónimos, que se refiren a diferentes realidades da paisaxe da zona –aínda que algunhas xa non existan na actualidade. Entre eles hai alusións a ríos e fontes, a prados e a terras de cultivo, a montes, ao mundo eclesiástico... A todos os elementos que compuñan a vida cotiá dos poboadores que decidiron nomealos. Deste xeito, a nosa clasificación semántica agrupa estes topónimos en seis categorías, que son a terra, a auga, a flora, a fauna, as persoas e os grupos humanos e a transformación e a posesión da terra. Por outra parte, a clasificación etimolóxica permitiunos estabelecer catro familias diferentes. A máis grande está formada polo topónimos de orixe latina, debido a que esta lingua é a base principal da lingua galega. Con todo, a nosa toponimia aínda manifesta a pegada que deixaron outros pobos prelatinos, xermánicos e mesmo árabes –aínda que a presenza destes últimos na actual Galiza fose case anecdótica. Finalmente, a conclusión que tiramos deste estudo é que a toponimia de Fisteus é unha mostra significativa da toponimia galega. Os nomes que nela encontramos poderían pertencer a calquera outra parroquia, xa que todos eles aluden a elementos da paisaxe natural ou humanizada. Por outra parte, as súas orixes son diversas, mais principalmente prelatinas, latinas, xermánicas ou árabes. Por todo isto, consideramos que a toponimia é un tesouro lingüístico e cultural que debemos preservar, mediante a súa posta en valor e a divulgación.

Description

Editor version

Rights

Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido