Mulleres na adega: traballos, coidados e desigualdades de xénero na Ribeira Sacra contadas polas protagonistas

UDC.coleccionTraballos académicos
UDC.tipotrabTFM
UDC.titulacionMáster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
dc.contributor.advisorCruz-López, Laura
dc.contributor.authorRodríguez Expósito, Belén
dc.date.accessioned2025-09-30T06:05:57Z
dc.date.available2025-09-30T06:05:57Z
dc.date.issued2025
dc.description.abstract[Resumo] A teoría feminista serviu, entre outras moitas cousas, para poñer enriba da mesa a invisibilización que sufrimos as mulleres ao longo da nosa historia. Invisibilización que está presente nas mulleres que traballan no sector vitivinícola, un ámbito historicamente masculinizado e atravesado polas profundas desigualdades de xénero. A través dunha metodoloxía cualitativa e participativa, baseada na revisión bibliográfica e na realización de sete entrevistas semiestruturadas e en profundidade a mulleres con perfís moi diversos dentro do sector -produtoras, responsables de adega, guías de enoturismo, coidadoras, responsables de marketing, enólogas, tanto propietarias como asalariadas- preténdese visibilizar as múltiples formas nas que as mulleres contribúen ao sostemento do sistema vitivinícola, máis alá das tarefas recoñecidas oficialmente, recollendo a súa perspectiva e vivendas. O estudo pon o foco no valor dos coidados, unha dimensión habitualmente excluída do relato produtivo do viño, pero fundamental para o funcionamento cotiá das adegas. Os relatos recollidos, permiten trazar unha lectura crítica do modelo vitivinícola actual, evidenciando a carga desigual do traballo non remunerado, a falta de recoñecemento institucional e as barreiras estruturais que enfrontan as mulleres para acceder a espazos de poder e decisión dentro do sector. Co presente traballo preténdese contribuír á construción dunha ollada máis xusta e inclusiva sobre a vitivinicultura , que recoñeza o papel central das mulleres e dos coidados na sustentabilidade presente e futura do territorio. Porque ollar o sector vitivinícola a través dunha mirada feminista significa poñer a vida no centro: as vides, os saberes e experiencias das mulleres, e cuestionar as desigualdades de xénero.
dc.description.traballosTraballo fin de mestrado (UDC.SOC). Políticas sociais e intervención sociocomunitaria. Curso 2024/2025
dc.identifier.urihttps://hdl.handle.net/2183/45837
dc.language.isoglg
dc.rightsAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internationalen
dc.rights.accessRightsopen access
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/
dc.subjectMulleres
dc.subjectRural
dc.subjectDesigualdades
dc.subjectCoidados
dc.subjectVitivinicultura
dc.titleMulleres na adega: traballos, coidados e desigualdades de xénero na Ribeira Sacra contadas polas protagonistas
dc.title.alternativeMujeres en la bodega: trabajos, cuidados y desigualdades de género en la Ribeira Sacra contadas por las protagonistas
dc.title.alternativeWomen in the winery: work, care and gender inequalities in the Ribeira Sacra told by protagonists
dc.typemaster thesis
dspace.entity.typePublication

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
RodriguezExposito_Belen_TFM_2025.pdf
Size:
1.26 MB
Format:
Adobe Portable Document Format