Mulleres na adega: traballos, coidados e desigualdades de xénero na Ribeira Sacra contadas polas protagonistas

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Rodríguez Expósito, Belén

Advisors

Cruz-López, Laura

Other responsabilities

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo] A teoría feminista serviu, entre outras moitas cousas, para poñer enriba da mesa a invisibilización que sufrimos as mulleres ao longo da nosa historia. Invisibilización que está presente nas mulleres que traballan no sector vitivinícola, un ámbito historicamente masculinizado e atravesado polas profundas desigualdades de xénero. A través dunha metodoloxía cualitativa e participativa, baseada na revisión bibliográfica e na realización de sete entrevistas semiestruturadas e en profundidade a mulleres con perfís moi diversos dentro do sector -produtoras, responsables de adega, guías de enoturismo, coidadoras, responsables de marketing, enólogas, tanto propietarias como asalariadas- preténdese visibilizar as múltiples formas nas que as mulleres contribúen ao sostemento do sistema vitivinícola, máis alá das tarefas recoñecidas oficialmente, recollendo a súa perspectiva e vivendas. O estudo pon o foco no valor dos coidados, unha dimensión habitualmente excluída do relato produtivo do viño, pero fundamental para o funcionamento cotiá das adegas. Os relatos recollidos, permiten trazar unha lectura crítica do modelo vitivinícola actual, evidenciando a carga desigual do traballo non remunerado, a falta de recoñecemento institucional e as barreiras estruturais que enfrontan as mulleres para acceder a espazos de poder e decisión dentro do sector. Co presente traballo preténdese contribuír á construción dunha ollada máis xusta e inclusiva sobre a vitivinicultura , que recoñeza o papel central das mulleres e dos coidados na sustentabilidade presente e futura do territorio. Porque ollar o sector vitivinícola a través dunha mirada feminista significa poñer a vida no centro: as vides, os saberes e experiencias das mulleres, e cuestionar as desigualdades de xénero.

Description

Editor version

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International

Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International