Análise de materiais docentes para o ensino do galego como L2: o curso Aula de Galego

UDC.coleccionTraballos académicoses_ES
UDC.tipotrabTFGes_ES
UDC.titulacionGrao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarioses_ES
dc.contributor.advisorSamartim, Roberto
dc.contributor.authorRodríguez Fernández, Juan Christian
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Filoloxíaes_ES
dc.date.accessioned2023-11-10T09:42:10Z
dc.date.available2023-11-10T09:42:10Z
dc.date.issued2023
dc.description.abstract[Resumo] Este TFG ten o propósito de revisar como a serie Aula de Galego (1, 2, 3 e 4) contribúe para a planificación da adquisición da lingua galega entanto único material actual que desenvolve o programa dos Niveis de competencia en lingua galega, orientados á obtención do Certificado de Coñecemento en Lingua Galega (CELGA). Para esta posta en valor o traballo analiza Aula de Galego (AdG) en tres planos, coas súas respectivas subseccións: o plano pedagóxico, o plano cultural e o plano lingüístico. A revisión do plano pedagóxico permite dar conta de como AdG responde aos Niveis de competencia en lingua galega canto (1) á adaptación dos descritores dos Niveis e á súa distribución nos catro volumes, (2) ao desenvolvemento dos propios descritores da serie AdG nas súas unidades didácticas e (3) ao tipo de tarefas que implican as actividades dos volumes. Para isto, foron analizados e contrastados os descritores dos Niveis cos descritores de AdG e estudados e clasificados os propios descritores e actividades da serie no seu conxunto. O plano cultural foca dúas cuestións: dunha parte, a imaxe da Galiza que mobilizan os libros; doutra parte, a correspondencia dos elementos culturais e socioculturais dos volumes coas exixencia en materia sociocultural dos Niveis de competencia. Para responder estas cuestións foron listadas e catalogadas todas as mencións a referentes culturais do imaxinario galego en AdG, a fin de poder comprobar a distribución dos contidos en función de áreas de coñecemento asociadas (referentes de tipo literario, festivo, natural...). Finalmente, o plano lingüístico aspira a describir e xulgar o modelo de lingua de AdG en función dos parámetros fixados por Freixeiro Mato (2009). Confrontamos, por tanto, o modelo de galego consagrado nas NOMIG 2003 co modelo de lingua de calidade que fixa Freixeiro Mato, a fin de avaliar a calidade do idioma promovida polos CELGA. Para realizar esta comparación foron utilizados os vinte elementos do «Apéndice sintético» de Freixeiro Mato (2009: 159-179) como molde para valorizar as escollas lingüísticas dos volumes. No plano pedagóxico foi verificado que non todos os descritores dos Niveis son adaptados en AdG, que só desenvolve determinados elementos do programa e desatende, en diferente grao, as cuestións gramaticais, fonéticas, ortográficas e lexicais. A revisión do tipo de tarefas, ademais, constata que aquelas con maior impacto nos volumes implican escasa produción lingüística do alumnado en favor do desenvolvemento de actividades comunicativas. A un tempo, no plano cultural é transmitida unha imaxe da Galiza vinculada á literatura galega canónica e aos elementos naturais e históricos, que non atende os descritores sociolingüísticos dos Niveis. Finalmente, a revisión do modelo de lingua proba que a lingua de AdG segue as disposicións das NOMIG, mais se distancia en numerosos aspectos do modelo de lingua de calidade de Freixeiro Mato. O balance final conclúe que AdG é un material didáctico que se afasta en varios puntos dos obxectivos pedagóxicos e sociolingüísticos fixados polas directrices europeas do MECR —adaptadas nos Niveis de competencia— e fixa un modelo de lingua que renuncia a trazos propios, coincidentes co portugués, para incorporar elementos de coincidencia co castelán.es_ES
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2022/2023
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/34144
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.rights.accessRightsopen accesses_ES
dc.subjectGalego como segunda linguaes_ES
dc.subjectSegunda lingua adquisiciónes_ES
dc.subjectAula de galegoes_ES
dc.subjectCertificado de Coñecemento en Lingua Galega (CELGA).es_ES
dc.titleAnálise de materiais docentes para o ensino do galego como L2: o curso Aula de Galegoes_ES
dc.typebachelor thesis
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublication2d35286f-38e2-405c-9ce5-dd6cbd62746c
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery2d35286f-38e2-405c-9ce5-dd6cbd62746c

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
Rodriguez_Fernandez_Juan_Christian_2023_ensino_galego.pdf
Size:
1.01 MB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description: