O cancioneiro de Don Denís como intertexto poético

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Advisors

Other responsabilities

Journal Title

Bibliographic citation

Eirín García, Leticia. " O cancioneiro de Don Denís como intertexto poético", en Tavares Maleval, Mª Amparo e Tato Fontaíña, Laura (eds): Estudos Galego-Brasileiros 4, A Coruña, Universidade da Coruña, 2010, pp. 109-132

Type of academic work

Academic degree

Abstract

[Resumo] Este texto desenvolve un estudo dos autores e textos máis relevantes dos sistemas literarios portugués, brasileiro e galego que empregaron a obra de Don Dinís de Portugal como intertexto para as súas creacións literarias. Na literatura portuguesa destácanse obras de Afonso Lopes Vieira, Fernando Pessoa, Manuel Alegre ou Natália Correia; na brasileira, poemas de Martins Ferreira e Manuel Bandeira. Finalmente, canto á literatura galega, compleméntanse os estudos existentes sobre o neotrobadorismo coa ligazón entre Don Denís e Álvaro Cunqueiro. O capítulo conclúe que, en liñas xerais, a recorrencia á produción poética dionisina responde a dous motivos fundamentais: a representatividade cuantitativa da produción dionisina e a dupla face de Don Denís como monarca e versificador, representante dunha época de esplendor político, económico e cultural a que os poetas do século XX acoden na procura de refuxio fronte as realidades caracterizadas pola decadencia e a crise, así como na busca de pautas para a prosperidade e a reafirmación nacional.

Description

Editor version

Rights