Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/36445 Sistema automático para a segmentación das capas da retina en pacientes con glaucoma mediante OCT
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Robles, Patricia
Fernández-Vigo, José Ignacio
Martínez-de-la-Casa, José María
García-Feijóo, Julián
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Gende, M., de Moura, J., Robles, P., Fernández-Vigo, J.I., Martínez-de-la-Casa, J.M., García-Feijoo, J., Novo, J., & Ortega, M. (2023). Sistema automático para a segmentación das capas da retina en pacientes con glaucoma mediante OCT, BIOINTEGRASAÚDE 2023
Type of academic work
Academic degree
Abstract
É fundamental realizar unha diagnose precoz do glaucoma para preservar a saúde visual dos
pacientes. Mediante distintos patróns de Tomografía de Coherencia Óptica (OCT), é posible medir o
grosor das capas do tecido nervioso en diferentes partes da retina, extraendo información sobre o seu
estado e a súa evolución. Neste traballo, presentamos dúas aproximacións automáticas baseadas en
aprendizaxe profunda para a segmentación das capas da retina nos tres patróns OCT máis comúns para
a diagnose do glaucoma: escaneos circulares ao redor do disco óptico, radiais a través do disco óptico,
e volumétricos extraídos sobre a superficie macular. A primeira aproximación aproveita a similitude
entre as distintas vistas da retina para adestrar un único modelo multi-vista capaz de realizar a
segmentación en calquera dos patróns. A segunda aproximación utiliza unha serie de modelos
especificamente adestrados para maximizar a precisión en cada unha das vistas, precedido por unha fase
de decisión na que se determina automaticamente o modelo axeitado para analizar cada imaxe.
Obtivéronse resultados satisfactorios, cunha precisión de 0.85±0.07 e 0.88±0.09, así coma unha
exhaustividade de 0.87±0.06 e 0.87±0.07, respectivamente, para a primeira e segunda aproximación. O
uso destes sistemas pode resultar de gran utilidade á hora de acadar unha diagnose precoz desta
patoloxía, axudando a preservar a calidade de vida dos pacientes.
Description
BIOINTEGRASAÚDE 2023, celebrada en A Coruña o día 14 de Decembro de 2023, organizada polo Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS)







