A crítica literaria en Festa da Palabra Silenciada (1983-1997): Materiais, funcións e relevancia sistémica
| UDC.coleccion | Docencia | |
| UDC.tipotrab | TFM | |
| UDC.titulacion | Máster Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade | |
| dc.contributor.advisor | Lourido, Isaac | |
| dc.contributor.author | Botana Salgueiros, Ana María | |
| dc.date.accessioned | 2025-11-11T11:06:05Z | |
| dc.date.available | 2025-11-11T11:06:05Z | |
| dc.date.issued | 2024 | |
| dc.description.abstract | [Resumo] Este Traballo de Fin de Mestrado explora o campo da crítica literaria feminista galega a través do estudo dos instrumentos e materiais críticos despregados na revista Festa da Palabra Silenciada, editada en Vigo desde 1983 polas compoñentes de Feministas Independentes Galegas (FIGA) e coordinada por María Xosé Queizán; unha revista entre cuxos obxectivos están a promoción do pensamento e da crítica feminista e a visibilización da creación feminina, sobre todo —pero non só— literaria. O primeiro obxectivo do traballo é ofrecer unha panorámica da situación e da evolución do feminismo en Galicia e da crítica literaria feminista galega no período temporal que abrangue o corpus de estudo, os trece primeiros números da revista, publicados dende 1983 ata 1997. É, de feito, este corpus o eixe central do segundo obxectivo perseguido, que consiste en describir, analizar e clasificar os instrumentos e materiais críticos utilizados nos devanditos números da revista, identificando a orientación, as funcións ou os obxectivos últimos que, de maneira máis ou menos explícita, estarían na base dos mesmos. O último obxectivo, en directa relación co anterior, pretende avaliar unha eventual influencia dos instrumentos identificados na reconfiguración do canon no sistema literario galego e/ou na creación dun canon feminista (ou feminino) galego. Este proxecto utilizará —para acadar os obxectivos definidos— un encadramento metodolóxico xeral de tipo sistémico (sobre todo a partir da teoría dos polisistemas de Itamar Even-Zohar) no que destacan as análises cualitativas realizadas en función do corpus de estudo a partir, principalmente, das táboas elaboradas para sistematizar, organizar e clasificar os datos que se consideran relevantes para o desenvolvemento do traballo nas direccións apuntadas. Polo que respecta á estrutura, o traballo presenta dúas partes diferenciadas que van do xeral ao particular e, tamén, do descritivo ao interpretativo. A primeira parte ofrece, a modo de marco xeral, a descrición da situación do feminismo e da crítica literaria feminista en Galicia no período sinalado. A segunda parte, estruturada á súa vez en dúas partes (a dos artigos dos monográficos autoriais e a dos artigos da sección de crítica), dirixe a súa atención aos instrumentos e materiais críticos identificados, levando a cabo, en función destes, tanto achegas de tipo descritivo como achegas de tipo interpretativo. A última parte deste proxecto (á marxe das referencias bibliográficas e dos anexos) serán as conclusións, nas que se insistirá na relevancia que, efectivamente, tivo Festa da Palabra Silenciada non só no sistema literario, senón tamén na sociedade galega a través da difusión e promoción dunha forma feminista de entender o mundo (a lingua, a sociedade, a sexualidade, a literatura…) e da priorización da cuestión do xénero respecto, mesmo, á problemática nacionalista, sempre presente pero, por primeira vez, nun segundo plano. | |
| dc.description.traballos | Traballo fin de mestrado (UDC.FIL). Filoloxía. Curso 2023/2024 | |
| dc.identifier.uri | https://hdl.handle.net/2183/46398 | |
| dc.language.iso | glg | |
| dc.rights | Os titulares dos dereitos de autor autorizan a visualización do contido desta obra a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para uso privado ou con fins de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da obra como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido. | |
| dc.rights.accessRights | open access | |
| dc.subject | Feminismo | |
| dc.subject | Galicia | |
| dc.subject | Crítica literaria galega | |
| dc.subject | Canon feminista galego | |
| dc.subject | Festa da Palabra Silenciada | |
| dc.subject | María Xosé Queizán | |
| dc.title | A crítica literaria en Festa da Palabra Silenciada (1983-1997): Materiais, funcións e relevancia sistémica | |
| dc.type | master thesis | |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAdvisorOfPublication | ad264614-6aee-4a33-b482-b5e1e297b077 | |
| relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery | ad264614-6aee-4a33-b482-b5e1e297b077 |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- BotanaSalgueiros_AnaMaria_TFM_2024.pdf
- Size:
- 734.51 KB
- Format:
- Adobe Portable Document Format

