Vía para automóbiles enlace AG-56 - variante de Negreira
Ver/Abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/19424Colecciones
Metadatos
Mostrar el registro completo del ítemTítulo
Vía para automóbiles enlace AG-56 - variante de NegreiraTítulo(s) alternativo(s)
Road AG-56 - Negreira-beltway linkAutor(es)
Fecha
2017Centro/Dpto/Entidad
Universidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e PortosDescripción
Traballo fin de grao (UDC.ETSECCP). Enxeñaría de Obras Públicas. Curso 2016/2017Resumen
[Resumo:] O proxecto titulado “Vía para automóbiles, tramo enlace AG-56 - variante de Negreira”, pretende desdobrar a conxestionada AC-544 no dito tramo que une as localidades de Bertamiráns e Negreira. O nome do proxecto vén da vixente lei de estradas da Xunta de Galicia, xa que pretende ser competencia de dita Administración. A vila de Negreira está situada a 20km de Santigo de Compostela. E é obrigatorio punto de paso para poder desprazarse entre a capital e a Costa da Morte. Debido a isto, o Plan MOVE da Xunta de Galicia, que planifica a infrestrutura viaria entre os anos 2010 e 2020, ten previsto a construción dunha vía de altas prestacións entre Santiago e a Costa da Morte. A estrada AC-544, construída nos anos 90, foi incrementando sucesivamente o nivel de tráfico ata a situación actual, que soporta unha IMD de entre 10000 e 15000 vehículos diarios, segundo o programa de aforos da Xunta de Galicia. Outro importate problema da estrada AC-544 é o seu paso por núclos residenciais, o que provoca moitas molestias aos residentes, tanto ruído, como perigosidade de atropelamentos, como problemas para os seus inmobles, debido á área de influencia da estrada. Nos últimos anos, debido ao aumento dos prezos das vivendas en vilas como Bertamiráns, fixo que Negreira, a tan só 20km de Santiago de Compostela, se convertese nunha “cidade dormitorio”, xa que en comparación con localidades máis cercanas á capital, Negreira ten uns prezos máis asequibles. Isto provocou un aumento na poboación da vila, o que fai que a estrada, cada día a use máis xente que vai traballar a Santiago. A recente construción do Parque Empresarial de Negreira, co seu continuo aumento de empresas asentadas, tamén fai que cada vez máis vehículos (neste caso pesados) precisen acceder a Santiago, para así poder comunicarse con calquera punto de Galicia. En canto a industria, tamén podemos mencionar a empresa láctea FEIRACO, que se atopa xusto de lado da estrada proposta a desdobrar, co seu continuo acceso de camións. No ano 2008, foi construída unha nova ponte sobre o río Tambre, que posteriormente (ano 2010) foi enlazada coa variante de Negreira. O que fai que este tramo xa se poida falar dunha vía de altas prestacións, xa que non permite accesos á vía de terreos colindantes nin ten cruces ao mesmo nivel. O obxecto do proxecto sería que esta vía de altas prestacións, continuase ata Bertamiráns, onde enlazaría coa autovía AG-56 (Santiago-Brión), para así ,mellorar o tempo de percorrido entre Santiago e Negreira e permitir o desarrollo da Comarca da Barcala (concellos de Negreira e A Baña). E nun futuro poder proxectar esta vía de altas prestacións ata enlazar coa autovía Coruña-Costa da Morte, a cal xa está en construción. Máis concretamente, con este proxecto preténdese crear unha nova estrada (vía reservada para automóbiles) entre a saída 7 da AG-56 e a nova ponte sobre o río Tambre, situada na localidade de A Ponte Maceira, no concello de Ames. Xa que como se describiu anteriormente, esta ponte é de nova construción (ano 2008) e enlaza directamente coa variante de Negreira, de construción aínda máis recente. Todo o percorrido discorrerá polo concello de Ames, e o que se pretende con el é evitar que a estrada fortemente transitada discorra por núcleos urbanos (ou rurais) e limitar no máximo posible os accesos.
Palabras clave
Estradas
Carreteras
Carreteras
Derechos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido