Colección María Wonenburger
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/2183/31983
María J. Wonenburger Planells (A Coruña, 1927-2014) foi unha matemática galega que desenvolveu unha brillante traxectoria como investigadora e profesora en universidades dos Estados Unidos e Canadá. Foi a primeira muller española en recibir unha bolsa Fullbright (1953). Especialista en teoría de grupos e en álgebras de Lie, con un gran recoñecemento a nivel mundial.
No 2006 a Xunta de Galicia crea o Premio que leva o seu nome para resaltar anualmente as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos da ciencia e a tecnoloxía. Nomeada Doctora Honoris Causa pola Universidade da Coruña (2010).
Dende maio de 2015 a UDC acolle o seu legado documental e bibliográfico que está depositado na biblioteca da Facultade de Informática donde se pode consultar; o fondo contén teses do seu alumnado, separatas de artigos de publicacións, libros e outra documentación.
https://www.udc.es/es/biblioteca.fic/coleccion/FondoWonenburger/

