REV - RGF - Nº 005, (2004)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/2183/2559
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 12 of 12
Item Sobre a vogal temática dos verbos galegos(Universidade da Coruña, 2004) Dubert García, Francisco[Resumo] Neste traballo pretendo demostrar o carácter léxico da vogal temática dos verbos galegos. Para iso, primeiro tentarei mostrar que a vogal temática carece de natureza primariamente flexiva; segundo, que os usos flexivos da vogal temática son secundarios e non diferentes dos usos flexivos da raíz dos verbos, polo que non alteran o estatus léxico deste formante; terceiro, que tódolos comportamentos anómalos das vogais temáticas nos verbos regulares poden ser explicados a partir de diferentes tipos de procesos fonolóxicos. De feito, a vogal temática será considerada resultado dunha condición de boa formación fonolóxica dos temas verbais. Desta maneira, a vogal temática nin sequera é considerada un morfema ou un signo mínimo, senón un mero formante fonolóxico do significante dun signo.Item Armando Cotarelo Valledor, editor e estudioso do romanceiro tradicional galego(Universidade da Coruña, 2004) Forneiro, José Luís[Resumo] Armando Cotarelo Valledor tentou converter-se na maior figura intelectual do galeguismo da sua época, com este fim apropriou-se dalguns textos romancísticos recolhidos pelo advogado e folclorista Alfonso Hervella Courel. Na manipulação e nas glosas destes romances transparece a ideologia ultraconservadora deste filólogo de inícios do século XX.Item A lexitimidade da adaptación como estratexia tradutiva(Universidade da Coruña, 2004) Neal Baxter, Robert[Resumo] Encadrado dentro do contexto do eterno debate –vello mais actual a un tempo– que se desenvolve no ámbito dos estudos da tradución respecto da lexitimidade da adaptación en canto estratexia tradutiva, apoiado por unha serie de exemplos prácticos ilustrativos, sempre desde a perspectiva da tradución global mediante equivalencias dinámicas dentro do cadro da transferencia e intercambios intersistémicos, este artigo sostén que a adaptación non é non só lexítima senón que necesaria e inclusive inevitábel desde o momento en que se muda dunha lingua para unha outra. Advoga, así mesmo, para a plena asunción desta realidade por parte do tradutor para se poder aproveitar de xeito criativo, asegurando así a plena funcionalidade do novo texto (traducido) dentro do seu sistema de recepción.Item Gramática e teorização linguística em Portugal : a Gramática Filosófica de Jerónimo Soares Barbosa(Universidade da Coruña, 2004) Amor Couto, Manuel[Resumo] A Gramática filosófica da língua portuguesa (1822) de Jerónimo Soares Barbosa é um dos textos fundamentais da tradição gramatical portuguesa. Em todo o seu texto e particularmente na Introdução podem-se encontrar observações de interesse sobre temas centrais da teorização lingüística da época: a necessidade de uma gramática científica elaborada a partir de princípios rigorosos, as conexões das regras da linguagem com as regras lógicas, a divisão e conteúdo das partes da gramática e a urgência da reforma do ensino gramatical.Item E ja quites son los Mans. Nota paleográfica sobre o v. 4 da cantiga B 454 de . Garcia Mendiz d'Eixo(Universidade da Coruña, 2004) Arias Freixedo, Xosé BieitoItem César Candelas Colodrón, O Cronicón de Hidacio, bispo de Chaves. José Antonio López SIlva, A Crónica de Idacio de Limia, bispo de Chaves(Universidade da Coruña, 2004) Ferraces-Rodríguez, ArsenioItem Marcos Bagno (1997), A Língua de Eulália. Novela sociolingüística. Marcos Bagno (1999), Preconceito lingüístico. O que é, como se faz.(Universidade da Coruña, 2004) Sanmartín Rei, GorettiItem Goretti Sanmartín Rei, Lendo nas marxes. Lingua e compromiso nos paratextos (1863-1936)(Universidade da Coruña, 2004) Freixeiro Mato, Xosé RamónItem Tecnologies de la llengua i les seves aplicacions(Universidade da Coruña, 2004) Martí Antonín, M. Antònia; Civit Torruella, Montserrat; Taulé Delor, Mariona[Resumo] A investigación en Lingüística Computacional e Procesamento da Lenguaje Natural deu lugar estes últimos anos ás denominadas Tecnoloxías da Linguaxe, cuxo obxectivo principal é o desenvolvemento de sistemas informáticos capaces de recoñeceren, comprenderen e xeraren linguaxe humana en todas as súas formas. Con esta finalidade, desenvolveuse unha serie de aplicacións, como a Tradución Automática, a Extracción e Recuperación da Información, a Clasificación de Documentos etc., que procesan a información para facilitaren o acceso, organización e transmisión do coñecemento que xera a chamada Sociedade da Información en que vivimos. Como noutras disciplinas científicas, na área da Lingüística Computacional e do Procesamento da Linguaxe Natural pasouse dunha etapa inicial centrada na investigación básica de carácter experimental a outra en que se interaxe máis coa sociedade e, por tanto, máis interesada na creación de produtos e aplicacións que resolvan problemas reais. Isto significa desenvolver sistemas e recursos capaces de analizaren a linguaxe sen restricións, isto é, que ofrezan unha ampla cobertura lingüística. Neste artigo preséntase de xeito introdutorio os recursos (lingüísticos) e as aplicacións máis características que se desenvolven actualmente no marco das Tecnoloxías da Linguaxe. En concreto, salientaremos dos recursos necesarios os analizadores e desambiguadores morfolóxicos e sintácticos, os lexicóns computacionais e os corpus lingüísticos, nomeadamente os etiquetados. Canto ás aplicacións, centrarémonos básicamente na Recuperación e Extracción da Información e na Tradución Automática.Item Xosé Ramón Freixeiro Mato, Gramática da lingua galega, IV. Gramática do texto(Universidade da Coruña, 2004) Sánchez-Rei, Xosé-ManuelItem Os topónimos Acea de Ama e O Xurés(Universidade da Coruña, 2004) Navaza, Gonzalo[Resumo] Este artigo ocúpase da historia e o significado de dous nomes de lugar galegos: Acea de Ama e O Xurés. O primeiro, denominación dunha localidade dos arredores da Coruña, é un topónimo composto do arabismo acea ‘muíño’, a preposición de e o hidrónimo prerromano AMA, que é o antigo nome da Ría do Burgo. O arabismo acea, que perdeu a consoante nasal etimolóxica, proporciona interesante información acerca dalgúns cambios fonéticos na historia do galego e a súa cronoloxía. Tanto o nome galego (O Xurés) coma o portugués (Gerês) dos coñecidos montes da raia seca proceden doutro hidrónimo prelatino que identificamos cos Originis, Oregines e Ocerensis rexistrados no Itinerarium Antonini e no mapa chamado do Ravenate, formas latinizadas ou deturpadas dun *OGERENSE ou *UGERENSE orixinario.Item ‘Línguas em contacto’ na Galiza Baixo-medieval(Universidade da Coruña, 2004) Diéguez González, Júlio[Resumo] O principal elemento legitimador dos estados nacionais é actualmente a língua, como foi a religião outrora. A língua tem na nossa época o mesmo papel que a religião na sociedade medieval: é um elemento basilar na legitimação e no funcionamento da instituição estatal. Há uma diferença radical num ponto concreto: na Idade Média não parece ter havido rejeição à mistura de línguas, o que é uma característica constante nas modernas sociedades industriais. Neste artigo estudam-se alguns factores que terão dificultado a substituição do galego-português pelo castelhano na elaboração dos documentos jurídicos na Galiza dos finais da Idade Média: (i) o peso de uma tradição de vários séculos, e (ii), ser o galego-português a língua da oralidade e a mais inteligível para as partes intervinientes nos actos jurídicos. Desde o século XIII Castela representa o centro do poder, e há um relacionamento intenso da nobreza galega com a castelhana. Nos finais do século XV muitos nobres são obrigados a residir na Corte. Nessa época o castelhano já era percebido como a língua da autoridade.

