Gestal, M.Munteanu, Cristian-RobertRabuñal, Juan R.Dorado, Julián2019-04-232019-04-232019Gestal, Marcos; Munteanu, Cristian; Rabuñal, Juan; Dorado, Julián (2019): Obtendo información útil para a mellora dunha materia a partir dos resultados dos exames de resposta múltiple. Póster presentado en: III Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. (pág. 499-501). En De la Torre Fernández, E. (ed.) (2019). Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe. DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497121http://hdl.handle.net/2183/22709[Resumo] Os procesos de avaliación, deben aplicarse ós docentes e mesmo á materia en si, non só ós alumnos. Con esta finalidade formúlase unha análise dos resultados acadados polo alumnado durante a proba de avaliación empregada na materia de Marcos de Desenvolvemento (Grao en Enxeñaría Informática – Facultade de Informática). O exame é de resposta múltiple (4 opcións por pregunta, só unha válida e restando puntos as respostas erróneas). Os exames analízanse en dúas ramas: por unha banda, estúdanse as taxas de acerto/fallo/en branco de cada unha das preguntas; por outra, a porcentaxe de opcións (a,b,c,d, branco) en cada pregunta. Este sinxelo estudo, automatizado mediante o emprego dunha folla de cálculo, permite, non obstante, obter interesantes conclusións: • Detecta ambigüidades ou erros na formulación das preguntas que, polo xeral, se derivan nunha elevada porcentaxe de respostas en branco. • Detecta lagoas de coñecemento nalgunha das áreas da materia, que orixinan preguntas cunha elevada taxa de erros. Cada pregunta está asociada a un bloque teórico, polo que se podes establecer en qué aspectos os alumnos presentan máis ou menos coñecementos. Ambos aspectos poden ser empregados para detectar erros na formulación da materia e/ou exame e facer posible así a definición de plans de mellora de cara ós vindeiros cursos académicos.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Españahttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/AvaliaciónMellora continuaExame resposta múltipleObtendo información útil para a mellora dunha materia a partir dos resultados dos exames de resposta múltipleconference outputopen access