Castillo Aguilar, VerónicaCarou Barreiro, SofíaRamos Ponte, SofíaOrtiz Arias, ValeriaGándara Buján, IvánMartínez Rodríguez, LúaUniversidade da Coruña. Unidade de Divulgación Científica e Cultural2025-11-062025-11-062025978-84-9749-917-0https://hdl.handle.net/2183/46331Neste volume, que agora presentamos, recóllense os traballos premiados nesta sexta edición dos Premios Isabel Zendal, convocada en marzo de 2024 e cuxa resolución tivo lugar en maio do mesmo ano.Os Premios Isabel Zendal chegan á súa sexta edición consolidándose como unha iniciativa de referencia na promoción do pensamento crítico e da cultura científica entre a mocidade. Impulsados pola Universidade da Coruña, a través da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, e en colaboración co Círculo Escéptico e a Deputación da Coruña, estes premios continúan a inspirar o espírito curioso, reflexivo e comprometido das novas xeracións.Vivimos nun tempo en que o acceso á información é ilimitado e as voces se multiplican, pero as razóns non sempre. A capacidade para discernir entre o verdadeiro e o falso segue a ser un desafío colectivo e neste contexto, fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional convértese nun acto de responsabilidade. Por iso, iniciativas como os Premios Isabel Zendal son máis necesarias que nunca, pois axudan a formar unha cidadanía capaz de aprender a dubidar, preguntar, verificar, contrastar e buscar a verdade con rigor de forma honesta. O certame está dirixido ao alumnado escolarizado en centros educativos españois desde o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria (ESO) ata o segundo curso de bacharelato, de modo que consta de dúas categorías de participación: unha para o alumnado de 1.º a 3.º curso da ESO e FP básica; e outra para o alumnado de 4.º da ESO a 2.º de bacharelato e mais dos ciclos formativos de grao medio.glgAttribution-ShareAlike 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/Pensamento críticoDivulgación científicaEnsaio científicoPremios Isabel ZendalCritical thinkingPopular scienceScientific essayIsabel Zendal PrizePremios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. VI Ediciónbookopen access