Paz-Agras, LuzGarcía Tubío, TaniaUniversidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Arquitectura2021-10-182021-10-182021http://hdl.handle.net/2183/28672[Resumo] Nun contexto onde predomina o traballo mecanizado, apenas hai cabida para o traballo artesán. Os cambios sociais e económicos tiveron un forte impacto na maneira de traballar a pedra, substituíndo as técnicas dos oficios tradicionais, como a cantería, por outras máis modernas, ocasionando practicamente a súa desaparición. No marco galego, os concellos da provincia de Pontevedra son dos máis afectados. Seguindo esta liña, estudarase o caso do concello de Moraña e porase en valor o oficio dos canteiros desta zona, a través das obras que forman parte da memoria colectiva e constitúen a identidade que hoxe en día ten Moraña. Dentro dos exemplos de arquitectura granítica, o traballo afonda na historia da reitoral de San Lourenzo de Moraña, edificación moi peculiar por atoparse a medio camiño entre a arquitectura popular e a culta. O estudo abórdase dende diversas perspectivas onde destaca a reconstrución histórica e gráfica a través da memoria oral, empregando como testemuña á propia veciñanza do lugar. Por último, realízase unha proposta de rehabilitación que recolle todos os aspectos analizados e nace do entendemento do lugar e da ruína, pero tamén dunhas necesidades actuais e reais. A intervención avoga por unha actuación reversible e accesible á poboación, que revalorice esta peza do patrimonio morañés e á vez sexa respetuosa coa obra.glgMorañaCanteirosReitoral de San LourenzoRehabilitaciónStonemasonsRehabilitationMoraña, terra de canteiros. A reitoral de San Lourenzo e a súa rehabilitación para casa veciñalmaster thesisopen access