Romero Gómez, ManuelCarril Vidal, AlbertoUniversidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas2017-12-152017-12-152017http://hdl.handle.net/2183/19919[Resumo]O presente traballo consiste nunha mellora no sistema de xeración de auga doce para realizar en buques LNG de propulsión MEGI. Neste tipo de buque só existe a posibilidade de xerar auga doce durante a navegación. O que se pretende realizar é o perfeccionamento da instalación do xerador de auga doce da banda de estribor, para que así teña dous modos de funcionamento: “Modo Fondeo” e “Modo Navegación”. Con esta solución, o buque será apto para xerar auga doce baixo calquera circunstancia e para isto non será necesario ningún aporte de enerxía adicional, pois aproveitaranse calores residuais e, por conseguinte, non se aumentará o nivel de contaminación. Tampouco precisará de ningún tipo de mantemento e contará cunha regulación sinxela e intuitiva para o persoal de a bordo, similar a calquera instalación de xeradores de auga doce. O traballo consiste, por tanto, no deseño dun novo sistema que permita levar a cabo tal propósito e demostrar que é factible, e contando cun orzamento económico.glgOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoXerador de auga doceCalores residuaisBuques LNGAproveitamento enerxéticoRedeseño dun xerador de auga doce nun buque LNG de propulsión MEGIbachelor thesisopen access