Tarrío, EstefaníaRodríguez-Rodríguez, Carmen2025-01-212025-01-212024Tarrío, E., Rodríguez-Rodríguez, C. (2024). A Galicia festivaleira: unha aproximación á festivalización musical na Galicia do século XXI. En Antón Álvarez Sousa (coord.) A Galicia do século XXI, p. 245-258. Xerais. ISBN 978-84-1110-538-5978-84-1110-538-5http://hdl.handle.net/2183/40811[Resumo] A expresión «festival musical» trae á nosa mente unha enorme cantidade de eventos que, a pesar da súa diversidade, englobamos dentro dunha mesma categoría. A súa dimensión, tanto no número de certames coma de espectadores, parece seguir unha traxectoria ascendente de complexa xestión. A multiplicidade de impactos que supoñen estes espectáculos e que se ramifican en diversos ámbitos xustifica o grande interese que xeran ao seu redor. E, con todo, resulta moi difícil definilos e contabilizalos. De que estamos a falar cando falamos dos festivais musicais? Que estamos a incluír nos cómputos deste tipo de festivais? Para tentar resolver estas cuestións é necesario clarificar e caracterizar o termo e este labor é o que se levou a cabo, de forma exploratoria, neste capítulo. Para contextualizar o papel e a transcendencia deste tipo de eventos, detémonos especialmente a analizar o profundo impacto cultural que supón a música como xeradora de vínculos identitarios. Para exemplificar a súa expansión, tomamos o caso da festivalización actual do territorio galego e ofrecemos unha panorámica dos seus precedentes e das tendencias que están a tomar corpo nestes últimos anos.glgAtribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 Españahttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/A Galicia festivaleira:unha aproximación á festivalización musical na Galicia do século XXIbook partopen access