Nieto-Riveiro, LauraCarracedo Vázquez, MartaUniversidade da Coruña. Facultade de Ciencias da Saúde2016-05-242016-05-242015-07http://hdl.handle.net/2183/16778[Resumo] O Envellecemento Activo constitúe un obxectivo de saúde de primeira orde que abarca ás persoas de todas as idades. Fundaméntase na optimización das oportunidades que teñen as persoas a medida que envellecen. Especificamente, o termo “activo” céntrase na participación das persoas maiores nos asuntos sociais, económicos, culturais, espirituais e cívicos, e non unicamente na capacidade de estar activos física e mentalmente. Os temas relacionados co envellecemento, e neste caso co Envellecemento Activo, cobran unha especial relevancia na Comunidade Autónoma de Galicia, a cal está caracterizada por contar cunha proporción elevada de persoas maiores como consecuencia da redución das taxas de fecundidade e o aumento da esperanza de vida. A Terapia Ocupacional, cos seus coñecementos e ferramentas, pode ter un papel fundamental para previr o deterioro funcional das persoas de todas as idades en xeneral, e das persoas maiores en particular, mediante programas que promovan o envellecemento activo. Obxectivo: Estudar a relación entre a Terapia Ocupacional e a promoción do Envellecemento Activo, a partir das percepcións dos terapeutas ocupacionais que traballan en recursos de atención a persoas maiores da cidade da Coruña. Metodoloxía: O presente estudo enmárcase na investigación cualitativa, dentro do paradigma fenomenolóxico, empregando como técnicas de recollida de datos a entrevista semiestructurada e o caderno de campo.glgOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoTerapia ocupacionalEnvellecemento activoPersoas maioresCalidade de vidaEnvellecemento saudableProgramas interxeracionaisRelación entre envellecemento activo e terapia ocupacional: estudo en centros de día e residencias da cidade da Coruñabachelor thesisopen access