Allegue Leira, Alberto2014-10-012014-10-012011Viaxes e construción do pensamento, 2011: 189-200. ISBN: 84-9749-506-684-9749-506-6http://hdl.handle.net/2183/13183[Resumo] Nos anos 20 do século pasado, autores galeguistas participaron en dúas empresas semellantes: peregrinar a pé para, posteriormente, referilo por escrito. Tras unha primeira experiencia asinada por X. Pardo, en Pelerinaxes I semellan relevantes catro escollas por parte de Otero Pedrayo. Primeiro, o itinerario trazado marca distancias cos hábitos do turismo burgués máis frecuentes naquela altura. Ademais, a elección dun lugar relixioso como meta permitía subliñar a importancia do catolicismo dentro do discurso galeguista e fronte ao españolismo militante da hierarquía eclesiástica. En terceiro lugar, o formato da peregrinaxe a Teixido, un libro de viaxes fronte á crónica xornalística, implicaba un menor número de lectores e unha maior relevancia para o texto. Así, o libro como relato acadaba maior perdurabilidade para presentar unhas crenzas e un mundo rural que, a modo de esencia, probaban que a nación galega existía.glgLiteratura de viaxesRamón Otero PedrayoPelegrinaxes ILiteratura galega de preguerraNacionalismo galegoCatro escollas para escribir Pelegrinaxes Iconference outputopen access