Piñeiro-Sánchez, Carlos2008-10-042008-10-042002http://hdl.handle.net/2183/947[Resumo] Este traballo sintetiza os aspectos básicos da etapa inicial de creación e desenvolvemento do transporte público urbano na Coruña e, nomeadamente, os primeiros pasos da Compañía de Tranvías de La Coruña como concesionaria deste servizo. Descríbese con certo detalle a problemática financeira do negocio que, finalmente, supuxo a venda da empresa e a concesión a un grupo de investidores belgas. Amósante os elos entre as decisións financeiras, a economicidade da explotación e o equilibrio financeiro da empresa, e o seu efecto sobre os aspectos visibles do servizo: modelo de tracción, crecemento da rede, asunción de novas liñas e percorridos, etc. Este período finaliza cunha rede urbana plenamente consolidada, con tracción eléctrica, e estendida cara ó hinterland cunha liña metropolitana de tranvía tamén electrificada; e tamén cunha incipiente problemática financeira causada polo crecemento do endebedamento e a paulatina redución da capacidade de xeración de rendas do negocio.application/pdfglgEste documento está depositado no Rexistro da Propiedade Intelectual. Autorízase o seu emprego e reprodución exclusivamente con fins docentes e/ou investigadores, e sempre que se cite a súa procedencia.Transporte públicoServizos municipaisTranvíasCreación da "Compañía de Tranvías de La Coruña" e desenvolvemento da rede tranviaria básica (1876 – 1929)working paperopen access