Santiago-Gómez, Elvira2024-12-042024-12-042024Santiago Gómez. E. (2024). A sociedade do risco ante os incendios forestais. En A. Álvarez-Sousa (coord.) A Galicia do Século XXI, p. 233-244. Xerais. ISBN 978-84-1110-538-5978-84-1110-538-5http://hdl.handle.net/2183/40475[Resumo] A gravidade dos danos socioeconómicos, políticos e ecolóxicos causados cada ano polos incendios forestais esixe que as ciencias sociais participen na análise e a definición dos plans de acción para reducir o risco de catástrofes (RRD). A pesar dos esforzos realizados para incorporar mecanismos participativos na gobernanza do risco, gran parte da investigaciónsobre redución do risco de desastres no mundo académico lévase a cabo baixo o modelo do déficit. Este capítulo propón unha revisión dos estudos sociais sobre o risco desde os que analizar o seguimento dos incendios forestais en Galicia e dos plans e as políticas para a súa xestión. A análise realizada pon de manifesto a necesidade de reforzar a gobernanza social a nivel local, de equilibrar os recursos dedicados ás tres fases de prevención, extinción e recuperación, e avanzar en plans integrais de xestión do territorio que teñan en conta os factores socioeconómicos.glgAtribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 Españahttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/A sociedade do risco ante os incendios forestaisbook partopen access