Quintela Vázquez, Juan DomingoUniversidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos2024-10-042024-10-042024http://hdl.handle.net/2183/39450[Resumo:] O sistema municipal de abastecemento do Concello de Santa Comba está constituído por tres zonas de abastecemento que sofren diferentes problemáticas: • ZA Santa Comba: é a única das tres zonas de abastecemento que está xestionada de xeito indirecto. Existe unha única captación de auga, situada no río Abuín, desde onde se conduce a auga ata a ETAP de mesmo nome. Dispón de dous depósitos de cabeceira: depósito Novo (840 m³) e depósito Vello (509 m³). Historicamente esta ZA tivo problemas de turbidez en períodos de choivas intensas e de escaseza de auga en época estival. Actualmente a demanda da poboación supera a capacidade de tratamento da ETAP. Esta falta de capacidade non permite afrontar situacións adversas de choivas intensas, cando a calidade do río Abuín empeora, xa que ao introducir máis caudal na instalación fai que o tempo de retención da auga diminúa e non se consiga a calidade óptima. • ZA Padreiro: conta con unha captación no río Xallas con pozos filtrantes. A auga é dirixida a un depósito de 200 m3 mediante un bombeo de 5 l/s. No depósito a auga fíltrase e clórase. A auga desta ZA ten problemas puntuais, pero con certa reiteración, de turbidez e perda de propiedades organolépticas nos puntos de consumo. Estes problemas están vinculados a traballos agrícolas ou forestais. • ZA San Cristóbal de Mallón: dispón dunha captación no río García, conducíndose posteriormente a auga ata o depósito, de 500 m3, onde se filtra e se clora. Nesta ZA a auga sofre os mesmo problemas de turbidez e perda de propiedades organolépticas que na ZA Padreiro, aínda que con menor frecuencia e importancia. Este proxecto baséase no aproveitamento da captación da ZA Padreiro sustituíndo as bombas bombas actuais por outras que poidan aportar maior caudal, a construción dunha nova ETAP ubicada anexa ao depósito da ZA Padreiro, e na conexión de tódolos depósitos e a captación ca ETAP mediante tubaxes de PEAD de distinto diámetro. A lonxitude total de tódalas conduccións supera os 20 km de lonxitude. A instalacións das tubaxes farase mediante gabia, perforación horizontal dirixida e tubaxes grapadas. A reposcións seran de estradas bituminosas con diferentes seccións de firmes, baldosa hidráulica e terreo natural. A nova ETAP dispoñerá dun decantador lamelar, dous filtros de area e un pequeño depósito desde o cal se trasladará a auga depurada aos depósitos de distribución, ben sexa mediante bombeo ou por gravidade.glg|Atribución-NoComercial-SinDerivadashttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/Enxeñaría sanitariaIngeniería sanitariaAbastecemento de augaAbastecimiento de aguaMellora no sistema de abastecemento municipal no Concello de Santa CombaEnhacement in the municipal water supply system in Santa Combabachelor thesisopen access