Reiguel Vieira, SolangeNadai, FernandaAndrade Torales Campos, Marília2026-01-282026-01-282024-12-01Análise da Educación Ambiental no contexto escolar da Rede Pública Estatal de Ensino de Curitiba|Paraná|Brasil. (2024). AmbientalMENTEsustentable, 31(1-2), 95-112. https://doi.org/10.17979/ams.2024.31.1-2.119362386-4362https://hdl.handle.net/2183/47129Entendendo o contexto das prácticas escolares como fundamental para o desenvolvemento do pensamento crítico necesario para afrontar a crise climática socioambiental planetaria que afecta a todas as sociedades, este traballo ten como obxectivo analizar as iniciativas de Educación Ambiental levadas a cabo nos centros educativos públicos da cidade de Curitiba (Paraná/Brasil). Coa colaboración de representantes das comunidades escolares, recompiláronse os datos en dúas fases, a primeira aplicando unha Matriz de Indicadores de Educación Ambiental e a segunda in loco, buscando afondar nas prácticas identificadas na fase anterior. Realizada en 2020, a fase inicial supuxo o envío da matriz a todos os centros públicos situados no municipio, obtendo unha resposta do 41,1% de todas as institucións. A información obtida nesta fase analizouse á luz das dimensións estruturais da Matriz de Indicadores: Xestión; Espazo Físico; Currículo; Comunidade. A través da identificación de fortalezas e debilidades relacionadas cos aspectos que conforman estas dimensións, púidose construír unha visión xeral da situación da Educación Ambiental nos centros educativos. Na segunda etapa, realizada entre 2021 e 2022, afondouse nas prácticas dos centros educativos, a partir de visitas in situ, entrevistas e análise de Proxectos Político-Pedagóxicos (PPP). Nesta fase, o foco foi comprender as perspectivas teórico-metodolóxicas centradas nos temas ambientais nestes centros, a partir da descrición e análise cualitativa das súas prácticas pedagóxicas. De novo, analizando á luz das dimensións e indicadores, púidose identificar o desenvolvemento de prácticas socioambientais, a partir de proxectos. A pesar da existencia destas iniciativas, é evidente que os centros educativos afrontan grandes retos na transición ecolóxica cara a espazos educativos sostibles, xa que a implantación satisfactoria dunha política pública depende de factores internos e externos. Polo tanto, enténdese que a utilización de indicadores é fundamental para o seguimento das actuacións políticas e pedagóxicas dentro destes espazos.porAtribución-ShareAlike 4.0http://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/AvaliaciónPolíticas PúblicasSustentabilidadeIndicadoresEducación AmbientalAnálise da Educación Ambiental no contexto escolar da Rede Pública Estatal de Ensino de Curitiba|Paraná|Brasiljournal articleopen access2026-01-2810.17979/ams.2024.31.1-2.11936