Calvo-Rolle, José LuisZayas-Gato, FranciscoLeitão, PauloNodar Carro, EnriqueUniversidade da Coruña. Escola Universitaria Politécnica2021-09-202021-09-202020http://hdl.handle.net/2183/28485Traballo fin de mestrado (UDC.EUP). Eficiencia e aproveitamento enerxético. Curso[Resumo] A importancia da eficiencia enerxética e da sustentabilidade dos recursos na sociedade actual non é discutible. O consumo responsable dos recursos enerxéticos condiciona a economía, o desenvolvemento tecnolóxico e a cuestión medioambiental a nivel global. Cun enfoque máis concreto, falando de espazos de traballo e residencia, o confort dos individuos vese afectado polas condicións ambientais nas que se atopan, que están directamente relacionadas co uso dos elementos de iluminación e climatización, entre outros. É dicir, elementos que fan uso da enerxía eléctrica. Establecer unhas condicións de confort no ambiente, á vez que se reducen os gastos innecesarios de enerxía, son dous dos obxectivos do movemento smart building e dos “ambientes intelixentes”. Estas correntes tecnolóxicas pretenden mellorar a estancia dos individuos e favorecer o desenvolvemento das actividades que en eles se levan a cabo, facendo un uso responsable dos recursos segundo as necesidades e preferencias dos usuarios. Esta tese recolle estos obxectivos mediante a realización dunha solución de smart lab de baixo custo no Laboratorio de Investigación e Innovación (L2I) do CeDRI (Research Centre in Digitalization and Intelligent Robotics) do Instituto Politécnico de Bragança. Búscase mellorar as condicións de traballo e, simultaneamente, fomentar o uso ético e sustentable dos recursos enerxéticos dos que se dispón neste lugar (iluminación, sistemas de aire acondicionado e quencemento, por exemplo). Desenvólvese un sistema de monitorización e control no laboratorio baseado en tecnoloxías IoT (Internet of Things.) low cost. Unha rede de sete módulos formados por sensores é deseñada e distribuida no espazo, co obxectivo de captar información relativa ás condicións ambientais e ao estado do entorno. Esta información é almacenada nunha base de datos de InfluxDB e utilizada polo framework Grafana para a visualización gráfica da mesma e a toma de decisións relativas á eficiencia enerxética. O sistema deseñado é utilizado para a xestión dos recursos de iluminación, ventilación, calefacción e aire acondicionado do laboratorio mediante un sistema de alertas e avisos aos usuarios. Estas alertas establecen indicacións aos individuos de posibles medidas a tomar para para realizar un uso máis eficiente da enerxía, evitar desperdicios innecesarios e incrementar o confort.glgOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoSmart buildingSmart devicesInternet of thingsEficiencia energéticaSostenibilidadAprovechamiento energéticoAmbiente inteligenteSensorizaciónMonitorizaciónAnálise de consumo enerxético mediante tecnoloxías IoTmaster thesisopen access