Calvo-Silvosa, Anxo2024-05-302024-05-302008Calvo-Silvosa, A. (2008). O potencial do galego como integrante da estratexa empresarial. Revista Galega de Filoloxía, 9, 127-138. https://doi.org/10.17979/rgf.2008.9.0.52881576-2661http://hdl.handle.net/2183/36729[Resumo]: Este artigo pretende vincular o uso da lingua á estratexia empresarial desde a súa mesma concepción. Actualmente, o galego é unha lingua de uso habitual na empresa, mais non é a “lingua visíbel” das relacións que se producen entre os diferentes grupos de interese que existen arredor da empresa. Logo da revisión do concepto de estratexia, pódese afirmar que esta é un instrumento para inserir a empresa no seu contorno. A cuestión lingüística pode formar parte das estratexias corporativas, competitivas e funcionais e contribuír de forma clara ao incremento do valor da empresa. Na realidade empresarial actual, o uso da lingua galega axuda o reforzamento de estratexias de diferenciación pola calidade e pola asunción da imaxe de Galiza nos produtos e nos servizos. Tamén se relaciona o uso do galego nas empresas galegas coa súa responsabilidade social corporativa nun contexto onde desde o mundo empresarial cómpre dar pasos cara á normalización desta lingua.glgAtribución-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/es/EstratexiaResponsabilidade socialNormalización lingüísticaO potencial do galego como elemento integrante da estratexia empresarialjournal articleopen accesshttps://doi.org/10.17979/rgf.2008.9.0.5288