López Blanco, AndrésUniversidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos2024-10-032024-10-032024http://hdl.handle.net/2183/39405[Resumo:] En setembro do ano 2022 inaugúrase nun dos cumios do Monte Xiabre un novo miradoiro con vistas á Ría de Arousa. O miradoiro permite unha vista de 360º que abrangue desde as Illas Cíes, 50 km ao sur, así como o resto do conxunto das Parque Natural das Illas Atlánticas, e Padrón no extremo norte, pasando por diferentes puntos senlleiros da bisbarra como o meandro e desembocadura do río Ulla ou as Torres de Oeste en Catoira. Este conxunto de características excepcionais espertou, desde xa antes da inauguración, unha grande expectación entre os habitantes de Vilagarcía de Arousa e a contorna. Porén, desde o momento en que os primeiros visitantes comezaron a afluír cara este lugar xurdiron críticas e malestar, non porque decepcionaran o deseño ou as vistas do novo miradoiro, senón debido á dificultade de acceso ao mesmo. Visitantes incapaces de subir, en vehículo ou a pé, imposibilidade de estacionar, e mesmo lesións de diversa gravidade por tentar accesder ao Miradoiro. O obxectivo do proxecto é dotar ao miradoiro dun acceso en condicións. Actualmente existen varias pistas forestais que ascenden ata o miradoiro desde unha estrada, esta si debidamente asfaltada. Estas pistas, nalgún momento, estiveron en condicións de permitir o paso dos vehículos, porén, debido ao paso do tempo, o desgaste e os estragos da erosión ocasionada fundamentalmente polas precipitacións e unhas pendentes moi pronunciadas, convertéronas en inaccesibles. Acondicionarase o trazado e o firme dunha destas pistas, construirase un aparcadoiro e auxiliarase o tramo final do ascenso cunha escaleira de madeira; todo isto poñendo o foco na integración co medio e cunha atención especial ás obras de drenaxe.glgAtribución-NoComercial-SinDerivadashttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/Rexeneración do medioRegeneración del medioPistas forestaisPistas forestalesMiradoirosMiradoresAcondicionamento do acceso ao Miradoiro da Cruz de XiabreConditioning of the access to the Miradoiro da Cruz de Xiabrebachelor thesisopen access