Lourido, IsaacFerreiro Vilariño, UxíaUniversidade da Coruña. Facultade de Filoloxía2022-02-092022-02-092021http://hdl.handle.net/2183/29740[Resumo] O principal obxectivo deste traballo é analizarmos a importancia do activismo lingüístico de Séchu Sende na súa produción literaria, tomando como obxecto de estudo as obras Made in Galiza (2007) e A República das Palvras (2015), e pondo especial atención aos principais repertorios temáticos e estilísticos de ambas as obras. Canto á metodoloxía empregada realizamos unha revisión da bibliografía crítica precedente para reconstruírmos a traxectoria do autor. Aliás, tamén recorremos ao uso da teoría dos polisistemas de Itamar Even-Zohar co fin de elaborarmos a traxectoria de Sende desde unha perspectiva máis conceptual e, finalmente, procedemos á creación dunha base de datos (BD) co programa Excel para clasificarmos a información sobre as obras estudadas de forma clara e rigorosa, facilitando a creación de gráficas que serán de axuda á hora de esquematizarmos e mostramos a información obtida. O traballo estrutúrase, por tanto, da seguinte forma: primeiro, ofrécese a traxectoria literaria de Sende e todas as diferentes fases que esta atravesa. Tamén se inclúe a faceta do autor como activista lingüístico e social, enumerando as diversas plataformas socias ás que estivo vinculado e os proxectos actuais que iniciou, focados principalmente na defensa da lingua galega e do ecoloxismo. A seguir, procédese á análise e comparación dos repertorios temáticos e estilísticos de Made in Galiza (2007) e A República das Palavras (2015). Así, os procesos anteriormente mencionados permitíronnos tirar varias conclusións. En primeiro lugar, comprobamos cales son os principais trazos que caracterizan a traxectoria de Séchu Sende, compromiso coa lingua e denuncia social, e cal é a situación que ocupa no sistema literario galego, evolucionando desde a periferia até unha posición máis central para logo voltar á periferia. En segundo lugar, constatamos a importancia do activismo lingüístico e social do autor nas dúas obras estudadas e, por último, comprobamos as diferenzas e semellanzas temáticas e estilísticas entre ambos os libros estudados.glgOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoActivismo lingüísticoSende, SéchuMade in GalizaA República das PalavrasLiteratura galegaO activismo lingüístico de Séchu Sende a través da súa obra narrativa: Estudo comparado dos repertorios temáticos e estilísticos en Made in Galiza e A República das Palavrasbachelor thesisopen access