Fernández-Lozano, CarlosFuentes Ramos, FranciscoUniversidade da Coruña. Facultade de Informática2025-03-272025-03-272025-02http://hdl.handle.net/2183/41571Resumo]: Ao longo destes anos os coñecementos básicos interdisciplinarios, especialmente no ámbito da informática, foron impartidos comunmente a través de enfoques repetitivos e centrados na memorización, poñendo unha maior énfase na retención da información que na comprensión profunda dos temas. Este método de ensinanza, instaurado globalmente no sistema educativo a partires da revolución industrial, segue vixente na actualidade, aínda que cada vez máis expertos promoven formas de aprendizaxe lúdicas e interactivas, que prioricen a compresión e o desenvolvemento de aptitudes prácticas sobre a mera memorización de datos. Este proxecto propón unha alternativa no campo dos comandos Linux, ofrecendo unha plataforma de aprendizaxe práctico e adaptativo orientada ao dominio destes comandos. A través dunha experiencia dinámica estilo ”capture the flag”, buscando que cada usuario explore e aplique os seus coñecementos de forma significativa e entretida. A plataforma está deseñada non solo para facilitar a aprendizaxe dos estudantes, senón que tamén enfócase en permitir aos docentes ampliar e personalizar o contido segundo as súas necesidades, converténdose nunha ferramenta versátil para a ensinanza na aula. A contorna estará baseada nun contedor Docker cunha imaxe de Ubuntu como sistema operativo principal. Esta contorna integrará un conxunto de scripts en Shell, encargados da configuración e xestión dos retos que deberá realizar o usuario, e scripts en Python, orientados a avaliar o nivel de coñecemento do usuario mediante un modelo de regresión loxística que forma parte do denominado ”sistema avaliador”. Os retos estruturaranse en bloques temáticos; inicialmente prevese a existencia de dous bloques principais: o primeiro estará enfocado nos comandos relacionados coa navegación e busca en directorios, mentres que o segundo tratará sobre tarefas de lectura, busca e filtrado de arquivos. Ademais, o conxunto contará cunha interface de uso sinxelo deseñada para facilitar o acceso e a interacción, especialmente para usuarios con menor experiencia nas ferramentas empregadas. O proxecto incluirá unha opción de tradución ao galego, español e inglés como idiomas principais. Así mesmo, será de código libre e contará con manuais específicos para facilitar a adaptación e incorporación de contidos ao entorno para todo o persoal docente interesado. Ao longo do desenvolvemento do proxecto, e a través de diversas iteracións, contarase coa participación e colaboración dun grupo de persoas reais e voluntarias encargadas de probar a contorna. Este grupo dividirase en dous subgrupos: un composto por persoas con coñecementos avanzados en Linux e outro formado por usuarios sen experiencia previa. Tanto o feedback como os seus resultados nos retos ofrecidos pola contorna serán usados para adaptar o proxecto en función dos comentarios facilitados e tamén para adestrar un modelo que sexa capaz de adaptar a dificultade dos retos conforme ao nivel amosado polo usuario final.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Españahttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/LinuxGamificaciónPlataforma orientada ao moddingSistema avaliadorGamificationModding oriented platformModding oriented platformContorna de aprendizaxe activo e adaptable de comandos Linuxbachelor thesisopen access