Fuentes Castro, Juan EladioUniversidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos2023-10-172023-10-172023http://hdl.handle.net/2183/33790[Resumo:] O pádel leva anos sumando afeccionados e espectadores debido a un deporte atractivo e sinxelo, o cal pode realizar unha gran parte da poboación. Isto fixo que en moitos lugares se instalen pistas de pádel, como en Caldas de Reis, a cal se sitúa no centro da vila. Neste proxecto, o obxectivo é poder favorecer a práctica deste deporte durante todo o ano, xa que o clima adverso desta zona, caracterizado por choivas recorrentes sobre todo nos meses de inverno, impide poder xogar ao pádel dunha forma adecuada. Para dar solución a este problema, neste traballo de fin de grao proponse a construción dunha cuberta e dunha pista nova, para poder ter dúas pistas de pádel cubertas e dispoñibles durante todos os días do ano, ademais de poder conservar mellor as instalacións e o pavimento deportivo. Analizando as diferentes alternativas, escolleuse unha cuberta parabólica de aceiro, a cal estará formada por sete pórticos metálicos de seis metros de lonxitude e sete metros de altura. Para o cerramento da cuberta proponse a utilización de perfiles autoportantes de aceiro conformados en frío, debido a que soportan cargas tanto verticais como horizontais sen necesidade de correas ou elementos intermediarios, reducindo así o custo económico da estrutura. Para isto a estrutura estará atirantada horizontalmente, así como o uso de contraventos para resistir as diferentes cargas as que se verá sometida. Co programa de ordenador Cype 3D, de Cype Ingenieros, lévase a cabo todo o cálculo da estrutura e cimentacións. Con está actuación a dispoñibilidade para a práctica do pádel verase aumentada, ao engadir unha nova pista e protexelas da choiva, do frío e do sol, impedindo tamén deslumbramentos debido ao sol ou zonas de sol e sombra. Así como tamén implicará un aumento do movemento á vila de habitantes de concellos veciños, fomentando tanto o deporte como o comercio local nesta zona.glg|Atribución-NoComercial-SinDerivadashttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/EstruturasEstructurasCuberta para pistas de pádel en Caldas de ReisRoof for paddle tennis courts in Caldas de ReisCubierta para pistas de pádel en Caldas de Reisbachelor thesisopen access