Casares-Gallego, AmparoVega-Marcote, PedroSoto, ManuelCarballa Fernández, MiguelVidela Crespo, CristinaDoce Uzal, Eva MaríaReguera Seoane, MiguelOrellana Cañás, MaríaGarcía López, SantiagoColpari Carrizo, Marcela2022-02-112022-02-112021Oficina de Medio Ambiente. 2021. III Premio UDC sustentabilidade a traballos fin de grao e mestrado 2020, A Coruña. Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. ISBN: 978-84-9749-829-6. DOI: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497498296978-84-9749-829-6http://hdl.handle.net/2183/29771Recollemos nesta colección sete dos oito traballos premiados no que foi a terceira edición do Premio UDC Sustentabilidade a Traballos de Fin de Grao e Mestrado, correspondente ao ano 2020. A resolución desta convocatoria fíxose pública o 5 de xuño de 2021, Día Mundial do Medio Ambiente, e con ela a UDC celebrou a efeméride aínda no marco das restricións derivadas da alarma sanitaria da covid. A convocatoria destes premios xurdiu dunha proposta recibida desde a Facultade de Ciencias da Educación no marco do programa internacional Green Campus, e que finalmente a Oficina de Medio Ambiente materializou. Con ela búscase avanzar na sustentabilidade curricular, fortalecer a vinculación co currículo do traballo en sustentabilidade nos centros da UDC e promover a sensibilización e participación activa do estudantado. Esta terceira edición dos premios dirixiuse a traballos realizados no ano 2020. Presentouse un total de 29 traballos, 19 de grao e 10 de mestrado, de 11 centros diferentes e de catro das cinco grandes áreas de coñecemento (a ausente foi, neste caso, Arte e Humanidades). Cómpre salientarmos que, dado o carácter transversal da sustentabilidade, como xa pon de manifesto o programa Green Campus ao falar de «vinculación ao currículo», todas as áreas de coñecemento están chamadas a participar e son igualmente candidatas a estes premios. Seguindo os criterios da convocatoria, a comisión avaliadora valorou a calidade da memoria publicable, a relación coa temática da sustentabilidade e a orixinalidade dos traballos, así como a súa achega aos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) da ONU e ao compromiso social da UDC, alén da aplicabilidade dos estudos e as investigacións aos propios campus e centros da UDC. Desexamos que esta iniciativa contribúa a manter e mellorar o pulo pola sustentabilidade na UDC.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/deed.glSustentabilidadeSostibilidadePremioUniversidade da CoruñaSustentabilidadSostenibilidadSustainabilityPrizeUniversity of A CorunaIII Premio UDC sustentabilidade a traballos fin de grao e mestrado 2020bookopen access10.17979/spudc.9788497498296