Alonso-Tajes, FranciscoSeoane-Pillado, TeresaNovo Pardavila, María JesúsUniversidade da Coruña. Facultade de Enfermaría e Podoloxía2017-10-032017-10-032017http://hdl.handle.net/2183/19556[Resumo] O presente estudo pretende determinar cales son as lesións máis comúns en velocistas, saltadores de lonxitude e triplo e corredores de valados, comprobando se existen diferenzas entre eles 1.2.- Metodoloxía Estudo observacional transversal de prevalencia no que participaron 54 suxeitos maiores de idade, pertencentes á federación galega de atletismo, que compiten e adestran disciplinas atléticas do sector de velocidade, salto ou valados, dende hai, como mínimo 3 anos. 1.3.- Resultados Presentaban lesións no pé ou nocello o 48,1% dos participantes. A lesión máis frecuente foi a escordadura en inversión, que se presentou nun 17,6% das extremidades, seguida de fascite plantar no 11,1% do total), e atopouse tamén sesamoidite, fracturas de estrés, tendinopatías, atrapamentos nerviosos e roturas de ligamento. 1.4.- Conclusións As lesións predominantes en pé e nocello nos atletas de velocidade, salto e valados son a fascite plantar e a escordadura por inversión. Atopouse unha relación entre as lesións na perna e os distintos sectores de velocidade, salto e valados (sendo os valados o que máis lesións na perna presenta). Non se encontraron máis variables significativas que supuxeran factores de risco.glgOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoNocelloLesiónsAtletasTobilloAnkleLesionesInjuriesPredominio das lesións en nocello e pé en atletas en probas de velocidade e saltobachelor thesisopen access