López-Viñas, XoánGarcía Suárez, Rocío2026-06-012026-06-012025https://hdl.handle.net/2183/48461[Resumo] O presente traballo analiza desde unha perspectiva etimolóxica e histórico-lingüística a toponimia da parroquia de San Pedro de Xallas de Castriz (Santa Comba). A investigación parte do convencemento de que as denominacións toponímicas deben ser postas en valor, ao constituíren vestixios significativos da memoria colectiva dunha comunidade e testemuños da evolución histórica da lingua galega. Estes nomes, máis alá do seu uso práctico, condensan séculos de historia, tradición e transformacións lingüísticas. Por tanto, o seu estudo permite comprender con maior claridade os símbolos culturais e sociais artellados neste territorio ao longo do tempo. Desta forma, establecéronse como obxectivos principais a documentación e interpretación da orixe e evolución dos topónimos da parroquia, atendendo á súa dimensión lingüística, histórica e social. Igualmente, este estudo procura ontribuír á visibilización e á protección do patrimonio toponímico galego, particularmente no ámbito rural, onde moitas formas son vulnerábeis á desaparición pola progresiva erosión da transmisión oral interxeracional. No proceso de desenvolvemento desta investigación, após a delimitación do corpus toponímico, foron consultados diferentes recursos documentais e bases de datos especializadas (CGPA, CODOLGA, PARES e Nomenclátor de Galicia), así como bibliografía especializada en onomástica galega. O corpo do traballo estrutúrase arredor da análise etimolóxica das unidades poboacionais que conforman a parroquia de San Pedro de Xallas de Castriz, distribuídos en tres seccións diferenciadas. A primeira parte céntrase na análise das formas que constitúen o topónimo principal, San Pedro de Xallas de Castriz. Esta análise abrangue o estudo pormenorizado das súas tres compoñentes, con especial atención á forma Castriz, cuxa orixe, evolución e incorporación tardía ao topónimo parroquial constitúe un dos eixos centrais do traballo. A segunda parte dedícase á interpretación de dous topónimos singulares, O Mens e A Mostaza, seleccionados pola súa rareza e escasa presenza nos estudos onomásticos. A terceira e última sección inclúe o conxunto restante de topónimos presentes na conformación da parroquia. A partir desta aproximación á toponimia menor de San Pedro de Xallas de Castriz puidéronse extraer diversas conclusións. En primeiro lugar, a análise etimolóxica permitiu identificar un conxunto de topónimos cunha semántica elativamente transparente, como O Vento, O Outeiro ou O Hospital. Porén, outros nomes presentan unha orixe moito máis escura (Castriz, O Mens ou A Mostaza), que requiren unha interpretación máis complexa e a formulación de diversas hipóteses. Ademais, a investigación puxo de manifesto o valor da toponimia como expresión da identidade colectiva e da memoria histórica dunha comunidade. En consecuencia, o traballo contribúe a salientar a necesidade de preservar e estudar este patrimonio lingüístico e reafirma o papel esencial da toponimia como ferramenta para comprender a evolución histórica da lingua galega e a profunda relación entre lingua, territorio e sociedade.glgOs titulares dos dereitos de autor autorizan a visualización do contido desta obra a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para uso privado ou con fins de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da obra como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido.ToponimiaSan Pedro de Xallas de Castriz (Santa Comba)EtimoloxíaLingua galegaTerritorio e sociedadeAproximación á toponimia de San Pedro de Xallas de Castrizbachelor thesisopen access