Pousa, Xosé Ramón2014-10-012014-10-012011Viaxes e construción do pensamento, 2011: 295-311. ISBN: 84-9749-506-684-9749-506-6http://hdl.handle.net/2183/13173[Resumo] Felipe Fernández Armesto –Augusto Assía–, con máis de cincuenta anos de exercicio do xornalismo para o diario barcelonés La Vanguardia, é unha figura esencial para coñecer o século XX en Europa e representa un paradigma do xornalismo de opinión en España. Personalidade complexa, cunha evolución ideolóxica que vai desde o comunismo ortodoxo até o neoliberalismo, contou en primeira persoa, desde Berlín, Londres, Roma, Washintong e Bonn, os principais acontecementos do século XX: o nacemento do fascismo en Europa, a Segunda Guerra Mundial, o Xuízo de Nuremberg, o Tratado de Roma, a Guerra Fría... Augusto Assía é, por décadas, un dos xornalistas con maior pegada do panorama español. Elevou á categoría de xénero xornalístico as cartas ao Director de La Vanguardia. Aínda hoxe é un referente da crónica de correspondente no estranxeiro.glgXornalismo de opiniónIdeoloxíasProfesión xornalísticaXéneros informativosCrónicaCrónica de correspondente no estranxeiroHistoria do século XXAugusto Assía: un xornalista viaxadoconference outputopen access