Álvarez Díaz, ManuelMéndez Agra, BraulioUniversidade da Coruña. Facultade de Informática2019-10-152019-10-152019http://hdl.handle.net/2183/24115[Resumo] Neste proxecto búscase brindarlle a calquera persoa a posibilidade de aprender as bases da programación mediante o desenvolvemento dunha aplicación web que lle permitirá familiarizarse cos elementos comúns na maioría das linguaxes de programación, amais de poder compartir e consultar os traballos realizados por outros usuarios. Dentro da aplicación, os usuarios poden arrastrar e encadear diferentes pezas que representen valores, asignacións, operadores, bucles e outros elementos de programación, chegando a formar un pequeno programa que poidan executar e ver a súa saída por pantalla. Tamén poden visualizar a modo ilustrativo como se traduciría, a linguaxes de programación reais como Python ou JavaScript, o programa que acaban de crear. Para implementar os aspectos visuais dun editor que permita estas operacións faise uso da biblioteca Blockly. Ademais, un usuario pode rexistrarse na aplicación, o cal lle permite gardar eses programas e modificalos nun futuro, así como compartilos con outros usuarios e poder aprender dos traballos doutras persoas. O usuario poderá establecer diferentes permisos aos seus traballos para restrinxir que usuarios poden acceder a eles. Aínda que a aplicación tamén pode ser usada por calquera persoa individualmente, ten un claro carácter educativo e os usuarios poden diferenciarse entre profesores e alumnos. Un usuario co rol profesor pode crear grupos nos que incluirá alumnos aos que lles propoñerá exercicios que eles poderán resolver. Máis tarde, o profesor poderá revisar as solucións dadas e dentro de cada grupo tamén dispoñen dun chat para comunicarse entre os seus membros.glgAtribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 Españahttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/Aplicación webEducaciónProgramaciónAprendizaxeSocialAngularBlocklyWeb applicationEducationProgrammingLearningAplicación web para aprender a programar usando a librería de Google Blocklybachelor thesisopen access