Samartim, RobertoNovo Díaz, FátimaUniversidade da Coruña. Facultade de Filoloxía2022-02-092022-02-092021http://hdl.handle.net/2183/29749[Resumo] No seguinte traballo analízase o canon e os repertorios da literatura galega contemporánea a través de diferentes libros de texto de Lingua e Literatura Galega do cuarto curso de educación secundaria obrigatoria (ESO). Para iso, serán analizados dezaseis manuais didácticos de seis editoriais diferentes que nos permitirán comprobar a hipótese de atoparmos un canon fixo no caso da preguerra e da posguerra e un canon máis aberto no caso do período máis actual. Unha vez levantada a información será realizado un traballo de exposición e descrición de datos e, finalmente, unha análise e discusión de materiais que servirá para contrapor e comparar diversos manuais didácticos e distintas edicións dunha mesma editorial. Unha das principais conclusións que será extraída é a identificación dun canon fixo no caso da preguerra e da posguerra, ben no campo dos autores/as que foron escollidos para o estudo de cada etapa literaria ou ben no campo das composicións que foron propostas para comentario de texto. Por outro lado, é importante sinalar que o período da actualidade colócase máis á marxe desta situación e dependendo do libro de texto, da editorial e sobre todo da edición o número de autoras é cada vez máis alto, ao igual que o número de autores é máis irregular e non se presenta unha listaxe fixa. Isto vese, sobre todo, nas edicións máis novas, ou sexa, nas edicións do ano 2016 da editorial Rodeira e da editorial Baía. Finalmente, tamén localizamos un canon bastante fixo e estábel de repertorios entre os que é relevante sinalar o social-patriotismo, o intimismo, o paisaxismo, o historicismo, a tradición, o vangardismo e a nova narrativa.glgOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoLiteratura galega contemporáneaEnsino Secundario Obrigatorio (ESO)Libros de textoCanon literarioXéneros literariosCanonización e repertorios da literatura galega contemporánea no ensino secundario obrigatorio: Análise de manuais de Lingua e Literatura Galega de 4º da ESObachelor thesisopen access