Castro, Laura M.Cabado, BrunoMéndez Agra, BraulioFreire Ares, ÁlvaroUniversidade da Coruña. Facultade de Informática2024-10-242024-09http://hdl.handle.net/2183/39805[Resumo]: O obxectivo deste traballo de fin de grao é o desenvolvemento dunha aplicación multiplataforma que facilita a xestión interna para empresas de dixitalización gandeira. Isto inclúe a xestión centralizada do inventario, montaxe, pedidos de materiais e envíos a clientes. A aplicación conta cun sistema de autenticación en Firebase, que require que os usuarios inicien sesión na pantalla principal para acceder. Isto proporciona unha capa de seguridade adicional ao frontend, xa que se trata dunha aplicación privada para unha empresa que só é utilizada por determinados empregados. Unha vez dentro da aplicación, o sistema permite aos usuarios consultar as cantidades dispoñibles de inventario, realizar axustes destas cantidades, realizar pedidos e finalmente preparar envíos a clientes. Os usuarios tamén poden importar clientes utilizando unha integración co CRM Holded, facilitando así a xestión dos destinatarios dos envíos. Os usuarios poden ver a simple vista, grazas a un código de cor, o estado do inventario de cada compoñente en función da proximidade da cantidade ao seu valor de stock mínimo. Este valor está establecido a man, mais hai un cálculo de stock mínimo a través do rexistro de pedidos e montaxe baseado en tempos de transporte e produción diaria que axuda a estimar este valor de forma máis precisa. Deste xeito axúdase a evitar o freo da produción por falta de material. Todo isto está integrado con Telegram a través dun bot que envía mensaxes que informan das diferentes actualizacións dos axustes de stock, estados do pedido ou envíos dos produtos. A lóxica de negocio está almacenada no backend da aplicación e consiste nunha API REST- ful implementada utilizando tecnoloxías Python, xunto co marco de traballo FastAPI e PostgreSQL para a persistencia de datos. Por outro lado, o frontend da aplicación está implementado co marco de traballo Flutter para así conseguir o desenvolvemento dunha aplicación multiplataforma, dispoñible tanto para web como para móbil.[Abstract]: The objective of this final degree project is the development of a cross-platform application that facilitates internal management for livestock digitization companies. This includes centralized management of inventory, assembly, material orders, and shipments to customers. The application features an authentication system in Firebase, requiring users to log in on the main screen to access. This provides an additional layer of security to the frontend, as it is a private application for a company that is only used by certain employees. Once inside the application, the system allows users to check available inventory quantities, make adjustments to these quantities, place orders, and finally prepare shipments to customers. Users can also import customers using an integration with the CRM Holded, thus facilitating the management of shipment recipients. Users can see at a glance, thanks to a color code, the stock status of each component based on the proximity of the quantity to its minimum stock value. This value is set manually, but there is a minimum stock calculation through the record of orders and assembly based on transport times and daily production, which helps estimate this value more accurately. This way, production stoppages due to lack of material are avoided. All this is integrated with Telegram through a bot that sends messages informing of various updates on stock adjustments, order statuses, or product shipments. The business logic is stored in the application’s backend and consists of a REST API implemented using Python technologies, along with the FastAPI framework and PostgreSQL for data persistence. On the other hand, the application’s frontend is implemented with the Flutter framework to achieve the development of a cross-platform application, available for both web and mobile.glgTodos os dereitos reservados. Todos los derechos reservados.Xestión de inventarioXestión de envíosAplicación multiplataformaIntegración con APIsTelegramFlutterFastAPIPostgreSQLStock managementShipments managementMultiplatform applicationAPI integrationCoWtrol: Aplicación multiplataforma para a xestión centralizada do stock, montaxe e envíos en empresasbachelor thesisopen access