Brandariz, José ÁngelRodríguez Cao, DanielUniversidade da Coruña. Facultade de Socioloxía2016-05-202016-05-202012http://hdl.handle.net/2183/16697O proceso de globalización acelerou as diferenzas entre os países chamados do Norte e do Sur. Dentro dun novo marco macroeconómico, os Estados desfavorecidos víronse obrigados a tirar o máximo partido dos seus recursos, tamén demográficos. Este é o caso de Marrocos, o Reino norteafricano, cun mercado interior de traballo excesivamente precarizado, dedicado case exclusivamente ao agro, ao pequeno comercio e á recente aceleración da industria turística. En comparación con outros países de semellantes características do seu mesmo continente, Marrocos é un país en emerxencia, cun PIB en aumento progresivo, en parte tamén grazas ao uso que fai da migración como factor de negociación e ingreso financeiro. A habitual recepción de remesas, estimuladas polo goberno, nos países emisores de migración, compleméntase en Marrocos co uso das leis de control migratorio como medida de presión, a través da cal negociar e favorecer os investimentos estranxeiras. O obxectivo deste estudo, polo tanto, é esclarecer o interese das autoridades marroquís en que o fenómeno migratorio non recúe polos réditos que tiran del.glgAtribución 3.0 Españahttp://creativecommons.org/licenses/by/3.0/es/EmigraciónRelacións internacionaisXeopolíticaMarrocosO factor xeopolítico nas Relacións Internacionais: o caso marroquímaster thesisopen access