Biscainho-Fernandes, Carlos-CaetanoSanjurjo Campello, RubénUniversidade da Coruña. Facultade de Filoloxía2023-11-292023-11-292022http://hdl.handle.net/2183/34372[Resumo] Bernardo Santareno publica en 1979 a peza A Confissão no volume Os marginais e a revolução, anos despois do final do Estado Novo coa Revolução de 25 de Abirel de 1974. Os sucesos da obra desenvolven as confesións dunha muller humilde e dunha travestí, Françoise, atendidas por un Confessor católico. No presente traballo propormos unha análise da recepción da obra focalizada nas súas publicacións, representacións e críticas académicas. En primeiro lugar, exponse o repertorio literario de Bernardo Santareno para situar a obra. Ademais, preséntase o contexto histórico e social en que se publica a obra e tamén se desenvolve a trama. En segundo lugar, desenvólvese o estudo da recepción atendendo ás publicacións, representacións e críticas académicas que tivo a peza. A recepción de A Confissão viuse influenciada polo contexto de Portugal, pois algúns fundamentos do Estado Novo en relación á familia e o xénero perduraban na sociedade e, así mesmo, o poder da Igrexa na poboación mantívose nas décadas posteriores. Os diferentes estudos críticos examinados infiren que a obra propón debates sobre a exclusión e opresión sufrida polos colectivos marxinais da sociedade portuguesa a través de personaxes que os personifican. A peza realiza unha crítica dos roles de xénero na sociedade co personaxe da Mulher que busca romper a dinámica patriarcal e de violencia machista que padece na súa casa. Ademais, trátase a crise de identidade de xénero que experimenta a personaxe transexual Françoise dentro dun sociedade binaria. Así pois, ao termos en conta o contexto e o estudo de casos, os temas abordados na obra non eran considerados convenientes para unha gran parte da sociedade, limitando a posible alcance de A Confissão.glgOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoA ConfissãoSantareno, BernardoTeatroRecepciónXéneroA Confissão, de Bernardo Santareno: un achegamento á súa recepción desde 1979 até a actualidadebachelor thesisopen access