Condensador social na Pobra do Caramiñal

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo] O recheo do porto de A Pobra do Caramiñal converteuse nunha gran plataforma sobre a que se construíron diversas edificacións en base a uns intereses diversos e moi distintos aos que nos conta a propia historia do crecemento lineal e continuo en torno á estrada comarcal. Por outra banda, aínda que derivado desta anterior premisa, atopámonos cun nó de comunicacións no acceso ao porto, onde conflúen tanto edificacións residenciais, a estación de autobuses (coa súa respectiva cafetería) e unha escola de remo, nodo ó que se lle dá como solución unha rotonda con espazo de manobra insuficiente e que condena a calidade de todo o seu entorno. O presente proxecto consiste nun edificio polivalente, de escala múltiple e condición de uso cambiante para unha edificación situada nun lugar periférico e estratéxico ao mesmo tempo, dun núcleo urbano, cuxa función é exercer de dinamizador dos diferentes colectivos que integran a comunidade.

Description

Editor version

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España

Except where otherwise noted, this item's license is described as Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España