Reenxeñaría dunha aplicación web para un grupo de investigación

UDC.coleccionTraballos académicos
UDC.tipotrabTFG
UDC.titulacionGrao en Enxeñaría Informática
dc.contributor.advisorSaavedra Places, Ángeles
dc.contributor.advisorLamas Sardiña, Víctor Juan
dc.contributor.authorMariño Doldán, Lorena
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Informática
dc.date.accessioned2026-05-15T08:40:38Z
dc.date.available2026-05-15T08:40:38Z
dc.date.issued2026-02
dc.description.abstract[Resumo]: Este proxecto tivo como obxectivo a reenxeñaría tecnolóxica, funcional e de usabilidade da páxina web do grupo de investigación LBD (Laboratorio de Bases de Datos). A motivación principal xurdiu das limitacións da versión anterior, que resultaba difícil de manter, carecía de soporte multilingüe e non estaba adaptada aos estándares actuais de usabilidade e accesibilidade. O grupo precisaba dunha plataforma moderna que reforzase a súa proxección internacional, permitise difundir de maneira clara a súa produción científica e, ao mesmo tempo, facilitase a xestión interna da información. A nova aplicación ofrece acceso estruturado á actividade investigadora do grupo, permitindo consultar investigadores, proxectos, publicacións e teses mediante listados, vistas de detalle e buscadores con filtrado avanzado. Incorporáronse funcionalidades clave como a creación de perfís individuais de investigador con ligazóns a identificadores externos (ORCID, Scopus, Google Scholar), unha páxina de inicio con sección de novidades e acceso multilingüe (galego, castelán e inglés), o que supón unha mellora substancial respecto á versión previa. Ademais, desenvolveuse un apartado privado de administración que garante que os propios membros do grupo poidan manter actualizada e verificada a información publicada, asegurando así a súa calidade, consistencia e vixencia a longo prazo. Para acadar estes obxectivos empregouse unha metodoloxía iterativa e incremental, dividida en fases ben definidas. Na fase de análise identificáronse os requisitos funcionais e non funcionais e elaborouse o modelo conceptual de datos. O deseño centrouse na definición da arquitectura cliente-servidor baseada no patrón MVC, no esquema relacional da base de datos e na interface de usuario, para a que se elaboraron prototipos representativos. A implementación levouse a cabo empregando tecnoloxías modernas, libres e de ampla comunidade: Vue.js e Vuetify para o frontend, Spring Boot en Java para o backend e PostgreSQL como sistema de xestión de base de datos. Finalmente, realizáronse diferentes tipos de probas —unitarias, de integración, funcionais e de usabilidade— que permitiron validar tanto o correcto funcionamento interno como a experiencia de uso final. O resultado final foi unha plataforma web moderna, responsiva, segura e escalable, que combina accesibilidade pública con capacidade de xestión privada. Esta solución contribúe a incrementar a visibilidade internacional do grupo de investigación LBD, mellora a difusión da súa produción científica e garante a súa actualización continua, ao tempo que facilita o traballo dos membros do grupo grazas a unha xestión centralizada, coherente e eficiente.
dc.description.abstract[Abstract]: This project aimed to carry out the technological, functional and usability reengineering of the website of the LBD (Database Laboratory) research group. The main motivation came from the limitations of the previous version, which was difficult to maintain, lacked multilingual support and was not adapted to modern usability and accessibility standards. The group required a modern platform to enhance its international visibility, disseminate its scientific output more effectively, and simplify internal management. The new application provides structured access to the group’s research activity, allowing users to consult researchers, projects, publications and theses through lists, detailed views and advanced filtering searches. Key functionalities include the creation of individual researcher profiles with links to external identifiers (ORCID, Scopus, Google Scholar), a homepage with a news section, and multilingual support (Galician, Spanish and English), representing a substantial improvement over the previous version. In addition, a private administration area was developed, enabling group members themselves to keep the published information up to date, thereby ensuring its quality, consistency and long-term relevance. To achieve these objectives, an iterative and incremental methodology was followed, divided into clearly defined phases. During the analysis phase, functional and non-functional requirements were identified and a conceptual data model was created. The design phase focused on defining the client-server architecture based on the MVC pattern, the relational database schema, and the user interface, for which representative mockups were developed. Implementation was carried out using modern, open-source technologies with strong community support: Vue.js and Vuetify for the frontend, Spring Boot in Java for the backend, and PostgreSQL as the database management system. Finally, various types of testing were performed —unit, integration, functional and usability tests— to validate both the internal operation and the end-user experience. The final result was a modern, responsive, secure and scalable web platform, combining public accessibility with private management capabilities. This solution enhances the international visibility of the LBD research group, improves the dissemination of its scientific production and guarantees its continuous updating, while also facilitating the group’s internal work through centralized, coherent and efficient management.
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIC). Enxeñaría Informática. Curso 2025/2026
dc.identifier.urihttps://hdl.handle.net/2183/48267
dc.language.isoglg
dc.rightsAttribution 4.0 Internationalen
dc.rights.accessRightsopen access
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by/4.0/
dc.subjectProducción científica
dc.subjectGrupos de investigación
dc.subjectDifusión académica
dc.subjectPlataforma web
dc.subjectXestión curricular
dc.subjectAdministración de contidos
dc.subjectScientific output
dc.subjectResearch groups
dc.subjectAcademic dissemination
dc.subjectWeb platform
dc.subjectCurriculum management
dc.subjectContent administration
dc.titleReenxeñaría dunha aplicación web para un grupo de investigación
dc.typebachelor thesis
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublicationbe9ab59e-4ae2-43a8-a238-841f917fb62b
relation.isAdvisorOfPublicationf5f01d97-f28d-46b7-b99d-3bd795ee2677
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscoverybe9ab59e-4ae2-43a8-a238-841f917fb62b

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
MarinoDoldan_Lorena_TFG_2026.pdf
Size:
1.01 MB
Format:
Adobe Portable Document Format