Descubrimento musical semántico en catálogos sen metadatos para comercios

UDC.coleccionTraballos académicos
UDC.tipotrabTFG
UDC.titulacionGrao en Intelixencia Artificial
dc.contributor.advisorCarneiro, Víctor
dc.contributor.advisorMimica, Petar
dc.contributor.authorGrille Zayas, Adrian
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Informática
dc.date.accessioned2026-10-05T18:54:34Z
dc.date.available2026-10-05T18:54:34Z
dc.date.issued2026-09
dc.description.abstract[Resumo] Este traballo aborda a busca e a recomendación musical en catálogos sen metadatos destinados a espazos comerciais, onde a persoa usuaria non dispón de referencias coñecidas e expresa necesidades en linguaxe natural («música para un bar», «estilo Zara»). Compárase a recuperación audio-nativa mediante representacións vectoriais contrastivas coa recuperación mediada por descrición, na que un modelo de linguaxe multimodal escoita cada pista unha soa vez e xera unha descrición estruturada sobre a que operan BM25 e representacións vectoriais multilingües fusionadas por RRF. Para avaliar con rigor construíuse un benchmark con 992 xuízos de relevancia exhaustivos sobre o corpus (16 consultas fonte por 62 pistas), anotados por unha persoa e contrastados a cegas por unha segunda, e cunha regra de herdanza entre linguas que estende os xuízos a 49 consultas. O resultado central é o salto da recuperación audio-nativa á mediada por descrición: +0,158 de nDCG@10 (IC 95 % [+0,071; +0,234]), que se mantén cos xuízos da segunda persoa. A canalización completa acada nDCG@10 = 0,655 fronte a 0,409 da liña base. As comparativas de modelos mostran que a elección do descritor do audio move o resultado (0,180 de nDCG@10 entre modelos) e a do intérprete da consulta non (0,005), se ben esa marxe é un limiar por debaixo do cal a gama máis barata perde e non unha ordenación entre os modelos superiores; e que repetir a comparativa cun segundo prompt devolve outra ordenación, polo que o que tales bancos de probas miden é a afinidade entre instrución e modelo. Describir só os primeiros 30 segundos de cada pista non prexudica a recuperación e reduce o custo de inxesta ao 19 %. Un recomendador baseado en coñecemento iguala o espazo latente sendo explicable. O protocolo completo-a instrución do descritor, as consultas anotadas, as métricas e a inferencia- especifícase na memoria, de modo que o método é replicable sobre outro catálogo.
dc.description.abstract[Abstract] This work addresses music search and recommendation over metadata-free catalogs for commercial spaces, where users hold no known references and express needs in natural language (“music for a bar”, “Zara style”). Audio-native retrieval with contrastive embeddings is compared against description-mediated retrieval, in which a multimodal LLM listens to each track once and produces a structured description over which BM25 and multilingual embeddings operate, fused via RRF. A benchmark with 992 exhaustive relevance judgments over the corpus (16 source queries by 62 tracks), annotated by one person and blind-checked by a second, with a cross-language judgment inheritance rule that extends them to 49 queries, grounds the evaluation. The central result is the jump from audio-native to descriptionmediated retrieval: +0.158 nDCG@10 (95% CI [+0.071; +0.234]), which holds under the second annotator’s judgments. The full pipeline reaches nDCG@10 = 0.655 against 0.409 for the baseline. Model comparisons show that the choice of audio captioner moves the result (0.180 nDCG@10 across models) while the choice of query-routing model does not (0.005), though that margin is a floor below which the cheapest tier falls rather than a ranking among the models above it; and that repeating the comparison under a second prompt yields a different ordering, so what such benchmarks measure is the affinity between an instruction and a model. Describing only the first 30 seconds of each track does not hurt retrieval and cuts ingestion cost to 19%. A knowledge-based recommender statistically ties the latent space while being the only one able to explain its recommendations. The full protocol — captioner instruction, annotated queries, metrics and inference — is specified in this report, so the method can be replicated on another catalog.
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIC). Intelixencia Artificial. Curso 2025/2026
dc.identifier.urihttps://hdl.handle.net/2183/49634
dc.language.isoglg
dc.rightsAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International
dc.rights.accessRightsopen access
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/
dc.subjectBusca semántica
dc.subjectRecuperación de información musical
dc.subjectRepresentacións vectoriais multilingües
dc.subjectModelos de linguaxe multimodais
dc.subjectSistemas de recomendación
dc.subjectXuízos de relevancia
dc.subjectCatálogos sen metadatos
dc.subjectSemantic search
dc.subjectMusic information retrieval
dc.subjectMultilingual embeddings
dc.subjectMultimodal large language models
dc.subjectRecommender systems
dc.subjectRelevance judgments
dc.subjectMetadata-free catalogs
dc.titleDescubrimento musical semántico en catálogos sen metadatos para comercios
dc.typebachelor thesis
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublication652c136c-eea5-4a78-947c-538b1c99f81b
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery652c136c-eea5-4a78-947c-538b1c99f81b

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
GrilleZayas_Adrian_TFG_2026.pdf
Size:
1.07 MB
Format:
Adobe Portable Document Format