Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/15826 A violencia da representación: a herdanza do discurso colonial nas imaxes contemporáneas das mulleres negras
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Bringas López, Ana
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
II Xornada Universitaria Galega en Xénero, XUGeX: roles de xénero nun mundo globalizado. Edición a cargo de Ana Jesús López Díaz, Anabel González Penín, Eva Aguayo Lorenzo. Universidade da Coruña, 2014, 103-109. ISBN: 978-84-9749-599-8
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[RESUMO] O modo habitual de representación das mulleres negras na cultura occidental contemporánea é herdeiro directo dos discursos forxados durante o colonialismo pola antropoloxía e a ciencia, conducentes a lexitimar a conquista e a dominación dos territorios e pobos non europeos. Estes discursos situaron África nun primitivismo atávico e animalístico, fronte á civilización e o progreso que representaba Europa, e estabeleceron un modo de representación das colonias baseado na erotización do territorio a través da sexualización das mulleres. As mulleres negras foron así conceptualizadas como posuídoras dunha sexualidade hiperbólica e incontrolada, que representaba unha tentación insuperábel para o home branco. Hoxe en día, as mulleres negras continúan atrapadas na violencia simbólica deste discurso pornotrópico, ao seren representadas mediante estratexias que inciden na nudez e na sobreexposición do corpo. O seu corpo non é unicamente hipersexualizado senón tamén mercantilizado, por exemplo na linguaxe publicitaria, ao ser identificado con produtos de consumo nun exercicio de deshumanización e cousificación. Esta violencia simbólica perpetúa e lexitima estereotipos que están na base de prácticas violentas contra as mulleres negras, como pode ser a prostitución, o turismo sexual ou mesmo a exclusión do discurso nacional nas sociedades multiculturais contemporáneas.

