Exploración da identidade ocupacional con dependencia ao alcohol

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Castiñeira Fariña, Estefanía

Other responsabilities

Universidade da Coruña. Facultade de Ciencias da Saúde

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

Obxectivos: Explorar a construción da identidade ocupacional nas persoas con dependencia ao alcohol, achegándose as súas experiencias e vivencias persoais, identificando e afondando nos aspectos que axudan a conformar esta identidade, e indagando nas posibles relacións entre a dependencia ao alcohol e o nivel de desempeño ocupacional, a construción da identidade ocupacional e o benestar e a saúde. Metodoloxía: Investigación cualitativa de enfoque fenomenolóxico cunha mostra de 11 persoas con dependencia ao alcohol, pertencentes a dúas asociacións da cidade da Coruña. Empregáronse como técnicas de recollida de datos: a entrevista, a observación non participante e a lectura de documentos. Resultados: As categorías de significado que explican o fenómeno preséntanse divididas en tres períodos. En “Antes do consumo” percíbese a disfunción no contexto da infancia e a tradición social do alcohol. “Durante a dependencia” comprende a negación da enfermidade, os sentimentos de culpa e a rutina do alcohol. Na “Rehabilitación”, aparece a adopción da identidade de alcohólico, a liberdade ao non consumir, a prioridade de non beber e a influencia da institución. Conclusións: A identidade ocupacional da persoa vese alterada polo alcoholismo, xa que se ven afectadas ocupacións significativas en favor do consumo. A construción da identidade de persoa alcohólica destaca por riba dos outros aspectos da identidade da persoa. A medida que a persoa non consume, recupera liberdade e capacidade de elección na súa vida, mellorando a autoestima e o autoconcepto.

Description

Editor version

Rights

Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido