Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. II Xornadas de Innovación Docente

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Advisors

Other responsabilities

Journal Title

Bibliographic citation

De la Torre Fernández, E. (ed.) (2018). Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. II Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. DOI: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497496780

Type of academic work

Academic degree

Abstract

[Resumo] A innovación aplicada á práctica docente debe levar aparellada unha mellora da calidade dos procesos de ensino-aprendizaxe. Así mesmo, debe contribuír a xerar un cambio real, continuado no tempo e susceptible de ser aplicado a distintos ámbitos. A innovación é, en definitiva, unha ferramenta máis para a mellora da docencia. Esta publicación recolle un total de 25 comunicacións e 14 pósters, elixidos entre os que foron expostos na referida Xornada. O abano é amplo, abórdanse maneiras de intervir na aula moi diferentes, dende a utilización das redes sociais para a mellora da competencia lingüística, a creación de curtametraxes para a aprendizaxe e a avaliación dos estudantes ou o recurso á simulación para mellorar a formación sanitaria. Algunhas destas metodoloxías innovadoras non poderán ser de aplicación en todas as materias, pero da súa presentación e comunicación ou lectura, todos poderemos aproveitar a lección de que é preciso moverse, que as cousas que se fan para un grupo de estudantes non van servir para os que teremos o vindeiro curso, e que a colaboración entre os docentes é unha aposta necesaria e imprescindible para a mellora da formación universitaria e, polo tanto, reverterá indefectiblemente no crecemento da sociedade que estamos a crear.

Description

Colección: Contextos Universitarios Transformadores (CUT). Número 1

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0

Except where otherwise noted, this item's license is described as Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0