Use this link to cite:
https://hdl.handle.net/2183/46331 Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. VI Edición
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Castillo Aguilar, Verónica
Carou Barreiro, Sofía
Ramos Ponte, Sofía
Ortiz Arias, Valeria
Gándara Buján, Iván
Martínez Rodríguez, Lúa
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Type of academic work
Academic degree
Abstract
Os Premios Isabel Zendal chegan á súa sexta edición consolidándose
como unha iniciativa de referencia na promoción do pensamento crítico
e da cultura científica entre a mocidade. Impulsados pola Universidade
da Coruña, a través da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, e
en colaboración co Círculo Escéptico e a Deputación da Coruña, estes
premios continúan a inspirar o espírito curioso, reflexivo e comprometido
das novas xeracións.Vivimos nun tempo en que o acceso á información é ilimitado e as voces se multiplican, pero as razóns non sempre. A capacidade para discernir entre o verdadeiro e o falso segue a ser un desafío colectivo e
neste contexto, fomentar a práctica do escepticismo, entendido como
o pensamento crítico e racional convértese nun acto de responsabilidade.
Por iso, iniciativas como os Premios Isabel Zendal son máis necesarias que nunca, pois axudan a formar unha cidadanía capaz de aprender a dubidar, preguntar, verificar, contrastar e buscar a verdade con rigor de forma honesta.
O certame está dirixido ao alumnado escolarizado en centros educativos
españois desde o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria
(ESO) ata o segundo curso de bacharelato, de modo que consta
de dúas categorías de participación: unha para o alumnado de 1.º a 3.º
curso da ESO e FP básica; e outra para o alumnado de 4.º da ESO a 2.º
de bacharelato e mais dos ciclos formativos de grao medio.
Description
Neste volume, que agora presentamos, recóllense os traballos premiados
nesta sexta edición dos Premios Isabel Zendal, convocada en marzo
de 2024 e cuxa resolución tivo lugar en maio do mesmo ano.
Editor version
Rights
Attribution-ShareAlike 4.0 International


