Moraña, terra de canteiros. A reitoral de San Lourenzo e a súa rehabilitación para casa veciñal

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

García Tubío, Tania

Other responsabilities

Universidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Arquitectura

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo] Nun contexto onde predomina o traballo mecanizado, apenas hai cabida para o traballo artesán. Os cambios sociais e económicos tiveron un forte impacto na maneira de traballar a pedra, substituíndo as técnicas dos oficios tradicionais, como a cantería, por outras máis modernas, ocasionando practicamente a súa desaparición. No marco galego, os concellos da provincia de Pontevedra son dos máis afectados. Seguindo esta liña, estudarase o caso do concello de Moraña e porase en valor o oficio dos canteiros desta zona, a través das obras que forman parte da memoria colectiva e constitúen a identidade que hoxe en día ten Moraña. Dentro dos exemplos de arquitectura granítica, o traballo afonda na historia da reitoral de San Lourenzo de Moraña, edificación moi peculiar por atoparse a medio camiño entre a arquitectura popular e a culta. O estudo abórdase dende diversas perspectivas onde destaca a reconstrución histórica e gráfica a través da memoria oral, empregando como testemuña á propia veciñanza do lugar. Por último, realízase unha proposta de rehabilitación que recolle todos os aspectos analizados e nace do entendemento do lugar e da ruína, pero tamén dunhas necesidades actuais e reais. A intervención avoga por unha actuación reversible e accesible á poboación, que revalorice esta peza do patrimonio morañés e á vez sexa respetuosa coa obra.

Description

Editor version

Rights