Eficacia de la fisioterapia en el cólico infantil

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Cagide Vázquez, Ana

Other responsabilities

Universidade da Coruña. Escola Universitaria de Fisioterapia

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Academic degree

Abstract

[Resumo] Obxectivo: coñecer a evidencia sobre a eficacia das intervencións de fisioterapia para o tratamento do cólico infantil e identificar cales son as técnicas fisioterapéuticas máis empregadas para o tratamento desta afección. Material e Métodos: realizouse unha busca bibligráfica nas bases de datos Pubmed, Web of Science, PEDro, CINAHL, Cochrane Library Plus e Scopus, de estudos publicados en inglés, español ou portugués, e que cuxo obxectivo principal sexa coñecer a eficacia da fisioterapia como tratamento para o cólico infantil. Resultados: logo da aplicación dos criterios de inclusión e exclusión así coma unha primeira análise dos títulos e resumos, obtivéronse 23 resultados. Destes, 11 eran estudos experimentais e os outros 12 revisións. Tocante aos estudos experimentais, 4 avaliaban a acupuntura, 3 a terapia de manipulación espiñal, 3 a masaxe e 1 a manipulación craneal osteopática. Das revisións, 5 analizaban a terapia de manipulación espiñal, 5 as terapias manuais en xeral, 1 as terapias manuais e a acupuntura e 1 a terapia de manipulación craneal. Conclusións: aínda que existen estudos nos que se manifesta que a través das terapias manuais e a acupuntura se poden obter efectos beneficiosos a curto prazo, son necesarias máis investigacións dunha calidade metodolóxica rigorosa para poder chegar a unha conclusión con maior nivel de evidencia acerca da eficacia da fisioterapia para o tratamento do cólico infantil.

Description

Editor version

Rights

Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido