Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/40811 A Galicia festivaleira:unha aproximación á festivalización musical na Galicia do século XXI
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Tarrío, E., Rodríguez-Rodríguez, C. (2024). A Galicia festivaleira: unha aproximación á festivalización musical na Galicia do século XXI. En Antón Álvarez Sousa (coord.) A Galicia do século XXI, p. 245-258. Xerais. ISBN 978-84-1110-538-5
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo] A expresión «festival musical» trae á nosa mente unha enorme cantidade
de eventos que, a pesar da súa diversidade, englobamos dentro dunha
mesma categoría. A súa dimensión, tanto no número de certames coma
de espectadores, parece seguir unha traxectoria ascendente de complexa
xestión. A multiplicidade de impactos que supoñen estes espectáculos
e que se ramifican en diversos ámbitos xustifica o grande interese que
xeran ao seu redor. E, con todo, resulta moi difícil definilos e contabilizalos.
De que estamos a falar cando falamos dos festivais musicais?
Que estamos a incluír nos cómputos deste tipo de festivais? Para tentar
resolver estas cuestións é necesario clarificar e caracterizar o termo e este
labor é o que se levou a cabo, de forma exploratoria, neste capítulo. Para
contextualizar o papel e a transcendencia deste tipo de eventos, detémonos
especialmente a analizar o profundo impacto cultural que supón a
música como xeradora de vínculos identitarios. Para exemplificar a súa
expansión, tomamos o caso da festivalización actual do territorio galego
e ofrecemos unha panorámica dos seus precedentes e das tendencias que
están a tomar corpo nestes últimos anos.
Description
Keywords
Editor version
Rights
Atribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 España








